Curso sobre aproveitamento e posiblidades de mercado das plantas medicinais

Curso sobre aproveitamento e posiblidades de mercado das plantas medicinais

Arnica Montana, unha planta medicinal moi demandada pola industria farmacéutica.

‘As plantas medicinais no desenvolvemento sostible das reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá’, é o título do curso incluído na programación da Universidade de Verán da Universidade de Santiago de Compostela (Usc) que se desenvolverá do 17 ao 20 de xullo no Instituto Universitario de Investigación de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) do Campus Terra da USC e na Estación Científica do Courel.

Estruturado en 30 horas lectivas e aberto á participación dun máximo de 50 persoas, este programa estival de formación e divulgación científica dirixido polos profesores Antonio Rodríguez Rigueiro e Rosa Romero Franco conta con financiamento da Deputación Provincial de Lugo e do Ibader, ao tempo que inclúe dúas viaxes de prácticas pola Serra do Courel e tamén pola Reserva da Biosfera Terras do Miño.

Os obxectivos deste programa incluído na Universidade de Verán 2017 da USC e que xa vai pola súa quinta edición son amplos e pasan por divulgar diversos aspectos sobre a importancia económica e funcional das plantas medicinais, así como respecto dos seus múltiples usos e tamén sobre o seu valor económico.

Estruturado en relatorios e sesións cunha orientación máis práctica, tales como un taller de cosmética natural ou sesións sobre procesado industrial das plantas medicinais, os organizadores deste curso da Universidade de Verán 2017 da USC pretenden achegar ao público participante unha visión ampla sobre as plantas e fungos medicinais desde diferentes aspectos, afondando nas especies que podemos atopar en Galicia. A análise das variables económicas que acubillan as plantas medicinais, a fin de poder contemplalas como un recurso económico complementario no medio rural galego, e especialmente nos espazos protexidos, como as Reservas da Biosfera, a fin de contribuír ao desenvolvemento rural nestas zonas, é outro dos cometidos deste foro.

As persoas interesadas en obter máis información respecto do programa deste curso de verán da USC, poden facelo a través da web da Universidade de Verán da USC 2017, onde tamén se é posible formalizar a inscrición neste programa, para o que está aberta a matrícula ata o vindeiro 7 de xullo.

Programa:

Día 17 (IBADER)

9:30 Acollida de participantes, entrega de documentación e inauguración do curso

10:00 Historia da utilización das plantas medicinais. Pablo Ramil Rego. Doutor en Bioloxía. Profesor Titular de Universidade do Departamento de Botánica da USC

12:00 Principios activos das plantas medicinais. Actividade terapéutica dos principais grupos Nicanor Floro Andrés Rodríguez. Doutor en Farmacia. Titular e Director Técnico de Oficina de Farmacia en Vigo

16:00 Procesado industrial das plantas medicinais. Exemplo da empresa Milhulloa Mª Carmen Valiño Vázquez, Licenciada en Bioloxía; Mª Jesús Expósito Casal, Licenciada en Farmacia. Milhulloa Plantas Medicinais e Aromáticas Sociedade Cooperativa Galega

18:00 Taller de cosmética natural: Elaboración de crema hidratante e loción para despois do afeitado a base de extractos naturais Mª Carmen Valiño Vázquez, Licenciada en Bioloxía; Mª Jesús Expósito Casal, Licenciada en Farmacia. Milhulloa Plantas Medicinais e Aromáticas Sociedade Cooperativa Galega

Día 18 (ESTACIÓN CIENTÍFICA DO COUREL)

10:00 Viaxe de prácticas pola Serra do Courel Manuel Antonio Rodríguez Guitián. Doutor en Bioloxía. Profesor Contratado Doutor do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela; María Moure Oteyza. Licenciada en Farmacia; Ruth Mª Barros Camba, Doutora Enxeñeiro Agrónomo, e outros profesores do curso

16:00 Importancia económica do aproveitamento das plantas medicinais. Mercado internacional e nacional. Vantaxes e inconvenientes da recolección de poboacións silvestres (caso concreto da equinácea) Ruth Mª Barros Camba. Doutora Enxeñeiro Agrónomo

18:00 Uso de plantas medicinais na Serra do Courel María Moure Oteyza. Licenciada en Farmacia

Día 19 (IBADER)

10:00 Viaxe de prácticas: Saída de recoñecemento de plantas medicinais na Reserva da Biosfera Terras do Miño. Manuel Antonio Rodríguez Guitián. Doutor en Bioloxía. Profesor Contratado Doutor do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela; Rosa Romero Franco; Antonio Rigueiro Rodríguez; Ruth Mª Barros Camba

16:00 Influencia dos factores ambientais na síntese e concentración de principios activos Pilar González Hernández. Doutora en Bioloxía. Profesora Titular do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela

18:00 Cultivo ecolóxico das plantas medicinais. Posibilidades en Galicia María Belén Díaz Hernández. Doutora Enxeñeiro Agrónomo. Profesora Contratada Doutora do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da USC

Día 20 (IBADER)

10:00 Plantas con interese medicinal nas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá Antonio Rigueiro Rodríguez. Doutor Enxeñeiro de Montes. Catedrático do Departamento de Produción Vexetal da Universidade de Santiago de Compostela.

12:00 Fungos medicinais Arturo Rodríguez Blanco. Doutor en Bioloxía. Empresa Hifas da Terra

16:00 Sistemas Agroforestais con plantas medicinais en Galicia

Rosa Romero Franco e María Rosa Mosquera Losada. Doutoras en Bioloxía. Profesoras Titulares do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría e Proxectos de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela

18:00 Acto de clausura e entrega de certificados e/ou diplomas

Una idea sobre “Curso sobre aproveitamento e posiblidades de mercado das plantas medicinais

  1. Francisco Manuel Sobrado Peña

    Bos días, somos alumnos do Ciclo de Gestión Forestal do IES de Arzúa e gustarianos apuntarnos para este curso, e queríamos saber se quedan plazas disponibles, o preso deste curso e cómo facer para apuntarse

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información