Curso sobre alimentación en auga e minerais en sistemas de pastoreo

Xestión Agrogandeira e Natureza (XAN) organiza este mes un curso sobre “Alimentación en auga e minerais en sistemas de pastoreo”. Impartirase o mércores, 9 de xaneiro, en Ribadeo, e o día 14 en Friol.

“Os animais a pasto tamén deben ter acceso á auga, un aspecto frecuentemente infravalorado. Tamén o manexo en pastoreo xera algunha complicación nos aportes minerais na dieta. Disto pretendemos falar e debater nesta xornada de formación”, sinala Xan Pouliquen.

O programa das xornadas consta dunha formación teórica na aula, ás 12:00 horas, xantar e pola tarde visita a unha granxa en pastoreo. O custo do curso é de 30 euros e inclúe o xantar. Para máis información chamar ao teléfono 620 806 414

curso xan auga pastoreo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información