Curso online sobre “Certificacións de calidade e medioambientais no sector primario”

A Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA) organiza un curso online gratuíto sobre “A economía social e a modernización do sector primario: certificacións de calidade e ambientais”. Esta actividade formativa está subvencionada na súa totalidade polo proxecto

Desenvólvese do 13 de abril ao 5 de xuño de 2020. Pódese consultar información sobre o curso ou inscribirse escribindo a Loli Couso (loli@agaca.coop) ou por teléfono no 609070135. Datos necesarios: nome completo, DNI, teléfono e correo electrónico.

O obxectivo do curso é que o alumnado adquira e fortaleza os coñecementos necesarios relacionados coa calidade para coñecer, comprender, mellorar, así como xestionar as estratexias e mecanismos que permitan promover e consolidar a economía social e a modernización do sector primario agroalimentario.

Os contidos planificados están dirixidos a persoas emprendedoras da economía social que desexen buscar apoio e acompañamento nos procesos de creación, modernización e crecemento, baseados na certificación de calidade agroalimentaria e ambiental.

Trataranse temas como certificacións en vacún de leite, GLOBAL  GAP,  BRC/ IFS ou  ISO, ademais de análise de ciclo de vida, pegada de carbono ou hídrica.

Desenvolvemento e diploma

Esta acción formativa desenvólvese ao longo de 08 semanas, desde o 13 de abril ao 05 de xuño de 2020, cunha planificación estimada de 10 horas semanais. O horario de impartición, ao tratarse de modalidade teleformación, desenvolverase a través do uso da plataforma virtual as 24 horas do día, os 7 días da semana: http://elearning.laceseconomiasocial.com/

Ao finalizar a acción formativa con éxito, e nun prazo máximo non superior a dous meses, o alumnado recibirá por correo electrónico o diploma.

AGACA LACES

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información