Curso gratuíto “Incorporación á empresa agraria, orientación de vacún de leite” na provincia de Lugo

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e CEPES desenvolven o proxecto “Incorporación de xuventude emprendedora á economía social e consolidación das cooperativas agroalimentarias de Galicia”, un paquete formativo que consta de: “Incorporación á empresa agraria, orientación de vacún de leite” e “Aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios”.

Proximamente comezará na provincia de Lugo un dos cursos de “Incorporación á empresa agraria, orientación de vacún de leite”. Consta de 250 horas lectivas de formación presencial, gratuíta, que tratarán:

-A empresa agraria e as súa xestión técnico-económica
-Asociacionismo, comercialización e trazabilidade
-Relacións laborais e prevención de riscos laborais
-Sensibilización medioambiental
-Agrotecnoloxía
-Produción de forraxes e alimentación de gando
-Produción de leite e manexo do gando

O alumnado que remate esta formación con éxito continuará ao curso “Aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios”, de 25 horas lectivas de formación presencial.

Para máis información e inscrición, poden chamar ao 981 58 47 83 / 982 20 15 14.

A iniciativa desenvolvése no marco da Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES) e está cofinanciada polo Fondo Social Europeo e AGACA.

A finalidade do proxecto é conseguir que os participantes no mesmo acaden a formación mínima imprescindible para incorporarse á actividade de produción de leite de vacún de maneira profesional e que se incorporen á actividade ao finalizar a formación e á cooperativa gandeira que opere dentro do seu ámbito xeográfico.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información