Curso gratuíto de poda e enxerta de froiteiras

Publicidade
Curso gratuíto de poda e enxerta de froiteiras

O Sindicato Labrego Galego organiza para as próximas semanas un curso de poda e enxerta de froiteiras.

O curso, de carácter gratuíto, impartirase os días 25 de febreiro e o 4, 11 e 18 de marzo. Impartirase no local do Sindicato Labrego na localidade lucense de Lourenzá (Avda. Fernández del Riego, nº 5, 1ºC). As prácticas vanse realizar en diversas fincas da zona. O horario é de 11,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 19,00.

Poden participar: Mulleres (calquera que sexa a súa situación laboral),  homes activos agrarios e parentes en primeiro grado. As persoas interesadas que non estean nestas situacións poderán asistir como oíntes. As prazas son limitadas.

Para asistir é necesario anotarse no local do Slg en Lourenzá, nos teléfonos 982121376 e 630970132 ou nos correos tonhovillarino@gmail.com e lourenza@sindicatolabrego.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información