Curso en Bande sobre gobernanza cooperativa nas comunidades de montes veciñais

A actividade, organizada por Agaca, ofrece formación en materia xurídica, fiscal e administrativa. Presentaranse tamén experiencias produtivas innovadoras

Publicidade
Data inicio: 24/09/2018
Data fin: 28/09/2018
Lugar: Casa do Concello de Bande, rúa San Roque 2

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) programou en Bande (Ourense) un curso sobre gobernanza cooperativa nas comunidades de montes veciñais. Desenvolverase do 24 ao 28 de setembro e o seu principal obxectivo sitúase en fomentar o emprendemento de actividades económicas nos montes veciñais baixo un modelo de negocio cooperativizado.

A formación desenvolverase en cinco xornadas. Cada día afondarase nun tema: Gobernanza e organización cooperativa das comunidades de montes, Fiscalidade, titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais, xestións administrativas e xestión cooperativa dos seus recursos ociosos. Tamén se amosarán exemplos de iniciativas innovadoras na valorización dos montes veciñais no medio rural, en áreas coma a castaña, a oliveira, o porco celta, a resina e a eficiencia enerxética.
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo.

As persoas interesadas en asistir poden inscribirse estes días chamando ao 981 58 47 83 ou en www.agaca.coop.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información