Curso de verán sobre a historia e futuro da raza rubia galega

A Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago, ubicada en Lugo, organiza un seminario co título '100 anos da raza bovina galega: pasado, presente e futuro da produción cárnica en Galicia'

Publicidade
Data inicio: 28/06/2017
Data fin: 30/06/2017
Lugar: Facultade de Veterinaria, Lugo, España

A historia e o futuro da raza rubia galega abordaranse nun curso de verán organizado pola Universidade de Santiago. A actividade desenvolverase entre o 28 e o 30 de xuño na Facultade de Veterinaria, ubicada en Lugo. O programa do curso estrutúrase en 24 horas lectivas e está aberto a todas as persoas interesadas na temática. Dirixe o seminario o profesor da Facultade de Veterinaria José Manuel Cifuentes.

O curso tratará a importancia da raza rubia galega desde múltiples ángulos, tanto a nivel económico como cultural e social. Analizarase a importancia da gandería na historia de Galicia, así coma o presente, a situación do sector e os plans de investigación e de mellora da raza.

As persoas interesadas en obter máis información en relación ó programa deste curso de verán da USC, poden facelo a través da web da Universidade de Verán da USC 2017, onde tamén se é posible formalizar a inscrición neste curso, para o que está aberta a matrícula ata o vindeiro 16 de xuño.

Máis información
Programa completo do curso ‘100 anos da raza bovina e galega: pasado, presente e futuro da produción cárnica en Galicia’.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información