Data inicio: 26/02/2019
Data fin: 28/02/2019
Lugar: Veigue, Sada, España
A Concellería de Urbanismo e Emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL), organiza un curso de poda que se impartirá os días 25, 26 e 28 de febreiro.
A finalidade desta acción formativa é que o alumnado adquira os coñecementos necesarios para realizar a poda de árbores frutais e kiwis.
A formación de 10 h. de duración estará impartida por Francisco Otero Otero, Enxeñeiro Agrónomo e técnico especializado da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, e consta de dous partes, unha teórica na que se abordarán os aspectos básicos e outra práctica dedicada á poda.
Os contidos son:
1) Principios de poda
a) Épocas de poda
b) Incisións e anillados
c) Útiles de poda
2) Poda de formación
a) Tipos de sistemas de formación: vaso, palmeta, pirámide, etc.
b) Eixo central
c) Poda de kiwi: T- baar
3) Poda de frutificación e aclareo de froitos
a) Órganos frutíferos e vexetativos
b) Poda de frutificación en froitas de pebida
c) Poda de frutificación en froitas de óso
d) Poda de frutificación en kiwi
e) Aclareo manual e químico
4) Prácticas de poda. Árbores froiteiras con pebida, óso e kiwi
Datas e horario:
Parte teórica, o 25 e 26 de febreiro de 2019 de 19:00 a 21:30 h. e 28 de febreiro de 16:00 a 18:30 h.
Parte práctica, decidirase data e hora ao longo do curso en función da climatoloxía.
Lugar: Centro Social de Veigue, Lg. Fraga, 2- 15169 Veigue, Sada,
Prazas: 25
Coste: 15 €. Plan de Formación Municipal para o Emprego do Concello de Sada (FORME)
Todas as persoas interesadas poderán realizar a inscrición a través do teléfono: 881.929.057 ou na ligazón: https://goo.gl/forms/bT8vl5W3wnyVY2Uv2
Prazo de inscrición: ata o venres 23 de febreiro ás 10:00 h.
Reunión dos fruticultores galegos este sábado en Abegondo
A Asociación de Fruticultores de Galicia (AFRUGAL) celebra este sábado, 23 de febreiro, a súa asemblea xeral ordinaria. Será a partir das 10:30 horas na Aula da Natureza de Crendes.
Programa:
10:30 – Asemblea Xeral Ordinaria de AFRUGAL.
12:00 – Xornada de poda (parte teórica).
14:00 – Xantar (lugar por decidir)
17:00 – Xornada de poda (parte práctica).
As persoas interesadas en contactar coa asociación poden facelo a través do correo fruticultoresgalicia@gmail.com