Curso de “Iniciación á produción da horta ecolóxica”

Publicidade
Curso de “Iniciación á produción da horta ecolóxica”

O Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa, en colaboración coa Fundación Juana de Vega e a Fundación Fundesar, organizan un curso de “Iniciación á produción de horta ecolóxica”, que se desenvolverá os vindeiros meses de marzo, abril, maio e xuño.

A formación impartirase na sede da EFA Fonteboa, en Coristanco (A Coruña). todos os xoves en horario de 16,00 a 19,00 horas.

Está destinada a pequenos produtores que queiran iniciar a produción de cultivos hortícolas en ecolóxico, persoas que queiran transformar a súa produción convencional en ecolóxica ou consumidores que dispoñan dunha pequena horta e pretendan producir en bio os seus propios alimentos.

Formación que se impartirá no curso:

-Deseño do agroecosistema: Planificación e organización da horta.

-Manexo orgánico do solo

-Sementeira e plantación

-Prácticas de fomento da biodiversidade

-A saúde dos cultivos: manexo das pragas e das enfermidades

-Creación da horta medicinal: elección, cultivo e uso de prantas mediciñais e aromáticas

Inscrición:

Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa. 981 733 051 inscricion@efagalicia.org

Prezo:

Socios da Asociación EFA Fonteboa:100 €

Non Socios: 120 €

FONTEBOA HORTA ECOLÓXICA 2020

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información