Curso de horta e conservas ecolóxicas

Publicidade

O Centro de Promoción Rural EFA-Fonteboa, en colaboración coa Fundación Juana de Vega, organiza un completo curso de “Horta e conservas ecolóxicas”, que abranguerá todo o proceso de cultivo.

O temario é o seguinte:

Módulo A: “Iniciación á produción da horta ecolóxica”
Duración: 5 meses (marzo a xullo 2019)
Datas: Segundos e cuartos xoves de cada mes

Módulo B: Recolleita, transformación e conservación de alimentos ecolóxicos
Duración: 4 meses (setembro a decembro 2019)
Datas: Segundos e cuartos xoves de cada mes
Horario: de 16:00 a 19:00 h

Inscrición por módulo:

Socios da Asociación EFA Fonteboa: 70 €/módulo
Non Socios: 90 €/módulo

Inscrición do curso completo (dous módulos):

Socios da Asociación EFA Fonteboa: 120 €
Non Socios: 160 €

Público destinatario:

-Pequenos produtores que queiran iniciar a produción de cultivos hortícolas en ecolóxico.

-Persoas que queiran transformar a súa produción convencional en ecolóxico.

-Consumidores que dispoñan dunha pequena horta e pretendan producir en bio os seus propios alimentos.

Inscricións:
Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa. Telf: 981 733 051 Mail: inscricion@efagalicia.org

curso_horta_ecoloxica_efa_fonteboa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información