Curso de apicultura básico no concello de Láncara

Curso de apicultura básico no concello de Láncara

A Asociación Galega de Apicultura AGA organiza un curso básico de apicultura no concello lugués de Láncara os días 14 e 15 de abril. Este curso vai dirixido a persoas que queiran iniciarse no interesante mundo das abellas e tamén para as que xa teñen colmeas pero necesiten actualizar coñecementos.

Será un curso de 12 horas de duración, que incluirá unha parte teórica e prácticas en colmeas. Informarase sobre a importancia de coidar a saúde das abellas e técnicas para facer fronte ó ataque do tártago asiático (Vespa velutina), sen que se vexa perxudicada a supervivencia da colmea e a súa produción. Falarase tamén sobre a apicultura como unha actividade multifuncional que aporta moitos beneficios, dende o seu valor medioambiental, a través do labor polinizador das abellas, ata a obtención dos seus saudables produtos. A produción da colmea pode dirixirse ó autoconsumo pero tamén pode ter un fin profesional e destinar os produtos á venta comercial.

O programa completo e información sobre as inscricións na web www.apiculturagalega.es, no email info@apiculturagalega.es ou no teléfono 981 508 142.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información