Críticas da OPL a Nestlé, que defende os prezos e contratos ofertados ás granxas

Críticas da OPL a Nestlé, que defende os prezos e contratos ofertados ás granxas

Planta de produción de Nestlé.

A Organización de Productores de Leche (OPL) emitiu un comunicado de prensa para criticar os novos contratos que lle ofertou Nestlé ós gandeiros, que inclúen unha modificación da prima de proteína. A OPL explica que a oferta de Nestlé sobe o prezo base 5 euros / 1.000 litros, pero a organización cuestiona que o nivel mínimo de proteína pase de 3,1 ó 3,2%. “Ese cambio representa 6 euros / 1.000 litros menos, que é o que viña pagando Nestlé por décima de proteína. É un xeito sibilino de enmascarar unha non subida do prezo, non moi propia dunha gran empresa como esta”, mantén a OPL.

A proposta de contrato de Nestlé, que afecta a ganderías de Asturias e Cantabria que abastecen á planta da multinacional en Santander, é criticada pola organización, que demanda un cambio na proposta de Nestlé e doutras industrias. “Empresas importantes como Nestlé deberían cuidar os seus proveedores”, cuestionan.

Prezos e indexación
Nestlé, pola súa banda, subliña que os prezos cobrados polos seus gandeiros en toda a Cornisa Cantábrica son sempre superiores ó prezo medio dos territorios nos que traballa. A compañía sinala ademais que o contrato anual que lle propón ós gandeiros está indexado ó índice da Interprofesional Láctea (Inlac), de xeito que o prezo subirá ou baixará en función dese índice, que toma como referencia datos obxectivos de mercado.

A compañía, por último, lembra que o seu compromiso cos gandeiros españois é histórico e remóntase ó inicio da súa actividade na fábrica de La Penilla, hai 100 anos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información