Crean un programa para formular fertilizantes para cada parcela

Son as conclusións do Proxecto Profer, unha iniciativa impulsada por Delagro para establecer un sistema de fertilización á carta, a nivel de parcela, para os cultivos de millo forraxeiro e pradeiras.

Crean un programa para formular fertilizantes para cada parcela

Buscar un abono adaptado a cada parcela foi o obxectivo de Delagro.

O rendemento dun cultivo vese afectado pola falta de dispoñibilidade de nutrientes no solo esenciais para a planta, en especial Nitróxeno, Fósforo, Magnesio, Calcio e Xofre.

E para un uso óptimo dos fertilizantes minerais, as formulacións teñen que estar acordes coa riqueza de nutrientes do propio solo, co que consume a planta e co aporte de adubos orgánicos. Un punto de equilibrio básico que, sen embargo, até o de agora non se acostumaba contemplar, cos perdas económicas que isto supón para o agricultor e danos para o medioambiente.

Precisamente para establecer formulacións de fertilización específicos axeitadas aos cultivos forraxeiros predominantes en Galicia (millo e pradeiras), naceu o proxecto Profer, unha iniciativa posta en marcha no ano 2010 pola cooperativa Delagro en colaboración coa Universidade de Santiago, co Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), e co Centro de Investigación y Formación Agrarias (CIFA).

Para poder acadar o obxectivo principal de establecer formulacións específicas leváronse acabo varias iniciativas:

Definición de zonas edafoclimáticas: realizouse a diferenciación de zonas edafo-climáticas cunhas producións similares, para que xunto aos contidos en nutrientes dos cultivos (porcentaxe sobre materia seca de nitróxeno, fósforo e potasio), establecer as extraccións feitas polos cultivos en ditas zonas.

Caracterización dos solos: levouse acaba unha caracterización das propiedades físico-químicas dos solos cultivados con millo forraxeiro e pradeiras. Para levar acabo esta apartado analizáronse ó redor de 3500 mostraxes de solo nos cales se determinaron pHs, contido en macronutrientes e micronutrientes, porcentaxe saturación de aluminio.

Creación dunha base de datos de fertilidade das parcelas: creouse unha base de datos para o proxecto que integra todos os indicadores e campos de información: zonas, producións, extraccións, parcelas, cultivos, fertilización orgánica e mineral, valor fertilizante purín, características físico-químicas do solo,…

Coa realización de todos estes apartados creouse o mapa edafoclimatico, no que podemos observar un cómputo total de sete zonas. En Galicia as zonas con maior presenza son a zona 4, seguida da 6 e da 1.

Fonte: Delagro

Fonte: Delagro

Conclusións: a mellor fórmula é unha fertilización a nivel de parcela

Unha das conclusións mais importantes deste proxecto foi que o mellor manexo a realizar para obter unha fertilización racional e respectuosa co medio ambiente consiste nunha fertilización á carta, a nivel de parcela, tendo en conta exclusivamente o contido de nutrientes do análise de terras e as riquezas do xurro aportado

Ademais desta tamén se obtiveron outras conclusións interesantes:

-As achegas de nitróxeno mineral estarán supeditadas aos aportes de xurros, tendo en conta as súas riquezas. O exceso de nitróxeno pode ser un problema para os cultivos.

-Os contidos de fósforo están por riba dos valores medios, debemos de realizar un control deste elemento presente no solo que é tan esencial para os cultivos forraxeiros.

Programa Profer de fertilización á carta

O último paso dado pola cooperativa Delagro foi crear un programa informático de recomendación de abonado, o Programa Profer, que permite saber as unidades de fertilizante químico a aportar en cada parcela tendo en conta as necesidades do cultivo e as unidades fertilizantes que se aportan mediante a aplicación de xurro.

En resumo, un programa de fertilización á carta que busca optimizar o abono mineral en beneficio da economía dos agricultores e do medioambiente.

Segundo os responsables do Departamento de Fertilizantes de Delagro “a utilización deste programa está a ter gran aceptación entre as cooperativas que compoñen Delagro”.

programa_PROFER_Delagro

Aspecto do programa PROFER. Fonte: Delagro

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información