Couza Guatemalteca: A Xunta multiplica por 8 as multas por plantar pataca e confía na erradicación da praga

No que vai de ano a Consellería de Medio Rural impuxo 83 expedientes sancionadores por plantar pataca ou movela de xeito ilegal nos 33 concellos afectados pola praga

Publicidade
Couza Guatemalteca: A Xunta multiplica por 8 as multas por plantar pataca e confía na erradicación da praga

Couza Guatemalteca da pataca

No que vai de ano a Consellería de Medio Rural multiplicou por 8 os experidientes sancionadores por plantar ou mover pataca de forma irregular nalgún dos 33 concellos galegos declarados zona afectada pola tecia solanivora ou couza guatemalteca da pataca, unha praga detectada en Galicia no ano 2015.

En concreto, segundo a información facilitada a Campo Galego polo departamento que dirixe José González, “no presente ano 2019, houbo un total de 83 expedientes sancionadores, dos que 45 foron na provincia da Coruña e 38 na de Lugo”. Isto supón un importante incremento respecto ás 12 multas impostas en 2017 (7 na provincia da Coruña e 5 na de Lugo) e aos 10 expedientes do pasado 2018 na provincia da Coruña.

Para a Consellería de Medio Rural as razóns deste incremento da activìdade sancionadora “débese a que, para conseguir erradicar este organismo de corentena, é preciso reforzar os controis en campo e así se fixo”.

Segundo recolle a norma, as sancións por plantar pataca na zona afectada pola couza guatemalteca da pataca ou por realizar movementos ilegais deste tubérculo son tipificadas de graves a moi graves e as multas oscilaron entre 300 e 3.001€, reducidas dependendo do caso atendendo á posibilidade de redución do 40% en casos de pronto pago da multa.

A previsión da Xunta é levantar a prohibición nos concellos que cumpran dous anos sen capturas do insecto

En canto ás perspectivas para erradicar a Tecia Solanivora en Galicia -considerarase erradicada nunha zona infestada cando non se detecte a súa presenza nun período mínimo de dous anos consecutivos- dende a Conellería de Medio Rural consideran que “a nivel técnico, a evolución do organismo de corentena é positiva e o obxectivo da erradicación considérase posible na nosa comunidade”. “A previsión é boa e cremos que se a evolución segue sendo positiva se poderán levantar as restricións naqueles concellos que cumpran dous anos sen capturas (…). Por iso, cómpre seguir traballando na liña que se veu facendo de cara a procurar a erradicación”, engaden.

De momento a Xunta non fixo públicos os datos de capturas da tecia solanivora nas trampas que ten distribuídas pola comunidade, aínda que de manterse a tendencia de 2018, deberían ser menores. No Principado de Asturias non se rexistraron capturas do insecto no que vai de ano.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información