Cotizacións á baixa dos tenreiros de recría en Silleda

Sobe o vacún maior. Nas mesas de prezos acordouse manter as cotizacións do porco cebado e dos ovos. Os leitóns soben un 3%. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia do 21 de decembro

Cotizacións á baixa dos tenreiros de recría en Silleda

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia, en Silleda, caracterizáronse pola caída nos prezos dos tenreiros de recría de Frisoa e, en menor medida, dos de Cruzamento industrial.

Deste xeito, nos tenreiros de Frisoa, os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 52 euros, fronte aos 64 do pasado martes. Nos de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, houbo tamén baixada de prezos: unha media de 87 euros por xato, fronte aos 98 da semana pasada. Onde si se notou menos a caída de prezos foi nos tenreiros de máis de 51 días: 109 euros de media por animal fronte aos 113 do pasado martes.

Nos tenreiros de recría de Cruzamento industrial a tendencia tamén foi á caída de prezos, aínda que menor: os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 323 euros, mentres que os de 21 a 50 días -a categoría máis numerosa-, cotizáronse a 328 e a 445 euros os de máis de 51. A pasada semana os prezos foron de 325, 399 e 448 €, respectivamente.

No vacún maior os prezos medios mantivéronse estables cunha lixeira suba: 1.134 euros de media en categoría primeira, 720 en segunda e 472 nas de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.059, 711 e 427 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

COTIZACIONS_VACUN_SILLEDA_21_12_15

Ovos e coello sen cambios

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter os prezos da pasada semana: as categorías XL e S quedaron en 1,55 e 1,06 euros a ducia, respectivamente, mentres que a L quedou nos 1,36 ? e a ducia dos de clase M en 1,25 €.

Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, os prezos mantivéronse sen cambios:1,60 €/quilo.

O porco cebado mantense estable e soben os leitóns

A mesa de prezos acordou hoxe manter as cotizacións da semana pasada: 0,895 euros por quilo en selecto e 0,870 en categoría normal, mentres que a canle II quedou en 1,130. En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, os prezos mantivéronse sen cambios en 1,25 euros o quilo.

En canto aos leitóns acordouse unha semana máis subir os prezos, desta vez un 3%. Deste xeito quedaron nos 33 euros os procedentes de varias explotacións e nos 38 euros os procedentes dunha única explotación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información