A cooperativa CLUN saca ao mercado un novo queixo fresco

A cooperativa CLUN saca ao mercado un novo queixo fresco

A cooperativa galega CLUN lanza ao mercado o seu novo Queixo Fresco Únicla, dispoñible en formato de 200 gramos e en dúas variedades: enteiro e desnatado. “A cooperativa pon así a disposición dos consumidores o primeiro queixo fresco elaborado con leite galego 100% e procedente de gandarías certificadas por AENOR en benestar animal”, destacan desde CLUN.

Ademais, pon en valor que o queixo fresco Únicla elabórase de maneira tradicional. “Desta maneira, e a diferenza doutros queixos que se realizan mediante o método de ultrafiltración; conséguese un queixo con maior textura e sabor”, aseguran.

Con este novo lanzamento, a cooperativa CLUN amplía as referencias da súa marca Únicla Premium, que pasa a estar formada por leite, manteiga e, agora tamén, queixo fresco. Este novo produto comparte, con todos os demais da gama, o perfil mellorado de acedos grasos do leite Únicla cos que se elaboran, ademais de ser fonte de calcio, proteína e selenio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información