A cooperativa andaluza Covap merca a planta de Leche Celta en Meira

A cooperativa andaluza Covap merca a planta de Leche Celta en Meira

Recentes protestas laborais na planta de Celta en Meira, que remataron en acordo.

A Cooperativa del Valle de los Pedroches (Covap) adquiriu a planta de Leche Celta en Meira, segundo unha información de Expansión. Covap, segundo esa nova, comprométese ó mantemento das actuais rutas de recollida de Leche Celta e proxecta incluso ampliar o número de gandeiros que lle suministran á planta.

A operación de venda da planta de Celta en Meira a Covap deixa a Leche Celta, propiedade da cooperativa lusa Lactogal, cunha única factoría en Galicia, a de Pontedeume, e con outras dúas no resto do Estado (Cantabria e Ávila). Covap, pola súa banda, entra no mercado galego, onde non tiña presenza. A cooperativa andaluza xa estaba asentada en León, conxuntamente coa vasca Iparlat, na factoría de Lactiber, pero non tiña recollida en Galicia.

Lactiber, igual que a planta de Celta en Meira, adícase ó envasado da marca Hacendado para Mercadona. O acordo de venda de Celta con Covap leva consigo o traspaso do contrato que a planta de Meira mantén coa cadea de supermercados para o envasado da marca Hacendado, polo que en principio, non se agardan cambios nin no suministro de leite á planta nin no traballo na factoría nin no destino final da produción.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información