Convócase o novo Plan Renove de Fiestras que impulsará a eficiencia enerxética nos fogares

Convócase o novo Plan Renove de Fiestras que impulsará a eficiencia enerxética nos fogares

Fiestas en vivenda rural instaladas co Plan Renove

A Xunta ven de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria deste ano para o Plan Renove de Fiestras, unha iniciativa da Consellería de Economía, Emprego e Industria para impulsar a eficiencia enerxética coa mellora da envolvente térmica nos fogares galegos, favorecendo así o confort e a calidade de vida dos cidadáns.

Cun orzamento de 1,5 millóns de euros, esta convocatoria de axudas, coa que se prevé chegar a 1.700 familias, suporá un impulso económico para as entidades colaboradoras que se adhiran ao programa, posto que a previsión é que se mobilicen ao redor de 6 millóns.

Estas axudas diríxense a persoas propietarias dunha vivenda e a comunidades ou mancomunidades de veciños que residan en Galicia. A principal novidade desta edición é que todas as solicitudes se realizarán por vía telemática a través dos rexistros da Xunta, o que facilita tanto a súa presentación como a tramitación dos expedientes.

Prazo de presentación de solicitudes a partir do 1 de marzo e ata o 29 de setembro

O prazo para presentar as solicitudes para esta orde de axudas estará aberto do 1 de marzo ao 29 de setembro. A convocatoria será por concorrencia non competitiva, polo que as axudas se outorgarán por orde de presentación ata esgotar o crédito a todo solicitante que cumpra os requisitos.

Pola súa parte, o período que terán as entidades que se mostren interesadas en colaborar no Plan Renove de Fiestras remata este luns, 6 de febreiro.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria mantén as contías das axudas que estaban fixadas na anterior convocatoria deste programa de renovación de fiestras. Así, cunha subvención máxima do 25% do custo total da obra, a axuda será de ata 100 euros por metro cadrado de oco, cun límite de 3.000 euros por vivenda unifamiliar ou piso; mentres que, no caso de comunidades de propietarios, serán tamén 3.000 euros por vivenda pero ata un máximo de 50.000 euros por edificio. A data límite para finalizar as obras será o 30 de setembro.

A través das seis convocatorias anteriores do Plan Renove de Fiestras, concedéronse 8.325 axudas por un importe total de máis de 10,9 millóns de euros, o que supuxo desde 2009 a mobilización de 47,6 millóns para o tecido empresarial relacionado con este sector.

Convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia

2 ideas sobre “Convócase o novo Plan Renove de Fiestras que impulsará a eficiencia enerxética nos fogares

  1. Beatriz Comesaña martínez

    Boas noites busco axuda para por ventanas,estou sen traballo e con un neno pequeno, entra moito frio por as ventanas xa que teñen uns anos , gustariame que me avisaran da axuda para solicitala
    Moitas gracias un saudo

    Contestar
  2. Luis López Germade

    Vivo en un piso con 50 años de antigüedad y tiene las ventanas de aluminio y un cristal muy fino y pasa el frío y el ruido de los coche que estamos a la orilla de la carretera de Santiago. Tengo una minusvalía y una ayuda económica de 430 euros. Quien me puede informar. Gracias

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información