Convocan un concurso para escoller o cartel da Feira do Viño de Monterrei

O deseño gañador levará un premio de 600 euros. Os interesados en participar poderán remitir ó Consello Regulador dúas obras inéditas ata o día 28 deste mes

Publicidade
Convocan un concurso para escoller o cartel da Feira do Viño de Monterrei

O Consello Regulador da Denominación de Orixe de Monterrei convoca un concurso para seleccionar o cartel anunciador da XIV Feira do Viño de Monterrei, que se celebrará do 9 ó 11 de agosto en Verín.

O concurso, convocado por cuarto ano consecutivo, está aberto a deseñadores, pintores e artistas que poderán presentar un máximo de dúas obras inéditas. Os deseños deberán entregarse nun formato único de 43 x 63 centímetros, en posición vertical.

A obra poderá realizarse con calquera técnica pictórica, informática ou fotográfica. No cartel deberá incluírse tanto a edición da feira como as datas e lugar da mesma.

O deseño gañador será seleccionado por un xurado conformado por persoas relacionadas co mundo da arte e do deseño, así como pola presidenta do Consello Regulador ou membros do pleno nos que delegue e o alcalde de Verín. Concederase un único premio de 600 euros.

Os carteis deberán remitirse en soporte informático en arquivo jpg ou png en alta resolución, cun mínimo de 300 ppp, ó email info@domonterrei.com . Tamén se poderán entregar na sede do consello regulado en Verín. O prazo para remitir os deseños rematará ás 14.00 horas do día 28 deste mes.

– Consulta aquí as bases do concurso.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información