Convocados os Premios de Excelencia á Innovación para Mulleres Rurais

Están convocados polo Ministerio de Agricutura e teñen como obxectivo distinguir proxectos orixinais e innovadores, baseados en actividades agrarias e agroalimentarias, que contribúan á diversificación da actividade económica e que promovan o emprendemento das mulleres. 

Convocados os Premios de Excelencia á Innovación para Mulleres Rurais

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente acaba de publicar no Boletín Oficial do Estado, unha Orde ministerial pola que se convocan os Premios de Excelencia á Innovación para Mulleres Rurales 2015. Uns galardóns que teñen como obxectivo distinguir proxectos orixinais e innovadores, baseados en actividades agrarias, agroalimentarias e complementarias, que contribúan á diversificación da actividade económica e que promovan e impulsen o emprendmento das mulleres no territorio e recoñezan o seu labor no medio rural.

A convocatoria da V edición destes premios realízase de acordo coas novas bases reguladoras, que introduce os cambios necesarios para visibilizar e potenciar novos proxectos e ofrecer a oportunidade ás asociacións, federacións, entidades ou organizacións representativas, de participar mediante a proposta de proxectos que na súa opinión sexan relevantes para a economía local da zona, e para as mulleres que os desenvolveron.

Categorias dos premios

A convocatoria recolle as catro categorías previstas, Excelencia á innovación na actividade agraria, Excelencia á innovación en diversificación da actividade económica no medio rural, Excelencia á comunicación e Premio extraordinario de innovación de mulleres rurais.

O premio Excelencia á innovación na actividade agraria está destinado a proxectos que no desenvolvemento da actividade utilicen tecnoloxías agrarias, gandeiras ou forestais que redunden no avance dun sector sostible, eficiente na obtención de produtos de calidade, que responda á demanda dos consumidores e que poida integrar estratexias de comercialización e promoción.

O premio de Excelencia á comunicación está dirixido a galardonar os traballos de comunicación que recoñezan o traballo e papel das mulleres rurales nas actividades descritas nas modalidades anteriores.

Para rematar, o premio Extraordinario de innovación de mulleres rurais, supón un recoñecemento de carácter extraordinario cando concorran circunstancias destacadas ou continuas.

Poderán presentar candidaturas aos premios as persoas físicas e xurídicas e os medios de comunicación que cumpran os requisitos establecidos para cada categoría nas bases reguladoras da súa concesión, excepto para o caso do premio extraordinario de innovación das mulleres rurales que será concedido a proposta do Presidente do Xurado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información