Convocadas as axudas do Plan Leader para iniciativas de desenvolvemento rural

As solicitudes débense presentar antes do 31 de xaneiro a través do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) correspondente á comarca na que se vaia desenvolver o proxecto

Publicidade
Convocadas as axudas do Plan Leader para iniciativas de desenvolvemento rural

Reunión do Agader. / Arquivo.

Administración convocante: Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191230/AnuncioO90-181219-0001_gl.html

Prazo: Ata 31/01/2020

Resumo:

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) vén de convocar as axudas do Plan Leader, que están dotadas de 6,6 millóns de euros para o periodo 2020 e 2021. As subvencións oriéntanse a apoiar proxectos no rural, tanto produtivos coma non produtivos. Calquera persoa ou entidade que queira recibir apoios do Leader deberá presentar o seu proxecto ante o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) que corresponda a súa comarca antes do 31 de xaneiro do 2020.

O presuposto previsto para a convocatoria das axudas Leader procede nun 75% de fondos europeos, nun 22,5% da Xunta e nun 2,5% de fondos estatais. O prazo de presentación de solicitudes é permanente durante todo o periodo de execución do Leader (2014-2020), pero a esta convocatoria concurrirán só aqueles proxectos presentados ata o 31 de xaneiro do 2020.

Serán subvencionables proxectos de natureza produtiva que supoñan a realización dunha actividade económica con fins lucrativos e tamén proxectos de natureza non produtiva, consistentes na realización dunha actividade que sexa de interese público ou colectivo. A concesión das axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva a través de cada GDR e as persoas beneficiarias de proxectos produtivos poderán solicitar un anticipo de ata un importe máximo do 50% da subvención concedida. No caso dos proxectos non produtivos, esta porcentaxe pode chegar ata o 90%.

Os fondos do Leader para o 2020 distribúense entre os 24 Grupos de Desenvolvemento Rural segundo se indica no cadro de abaixo. Para o ano 2021 está previsto que cada GDR conte con idéntico presuposto ó deste ano. Entre os que reciben maior volume de fondos destacan o GDR Montes e Vales Orientais, con 273.000 euros; Sil Bibei Navea, con 254.000 euros, e Ribeira Sacra Courel con 237.000.

Distribución das axudas Leader para o 2020 entre os 24 GDR. No 2021 contarán cun presuposto idéntico ó deste ano.

Distribución das axudas Leader para o 2020 entre os 24 GDR. No 2021 contarán cun presuposto idéntico ó deste ano.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *