Convocadas as axudas para a promoción do viño en terceiros países

Publicidade
Publicidade

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180123/AnuncioG0426-281217-0015_gl.html

Prazo: Ata 14/02/2018

Resumo:

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes a orde da Consellería do Medio Rural pola que convoca as axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países (fóra da UE). A dotación destas axudas é dun total de 1,7 millóns de euros para o período 2018-2019, a razón de 1 millón de euros para o ano 2018 e 700.000 para o 2019.

Poden acollerse a estas subvencións as empresas vinícolas e os consellos reguladores. Tamén se poderán beneficiar destas achegas as organizacións profesionais, as interprofesionais e outras organizacións do sector que exerzan a súa actividade maioritariamente no sector do viño, os organismos públicos con competencia legalmente establecida para desenvolver actuacións de promoción de viños españois en mercados de terceiros países; e as asociacións temporais ou permanentes de dous ou máis produtores que teñan entre os seus fins a promoción e comercialización do viño.

Con carácter xeral, serán subvencionables os gastos necesarios para desenvolver as accións e actividades de promoción, tales como misións comerciais, presentacións e promocións en puntos de venda e asistencia a feiras e exposicións de carácter internacional. Tamén se poderán sufragar os custos de persoal, se se producen con motivo da preparación, execución ou seguimento desas actividades e os gastos administrativos do beneficiario.

Prazo para a presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria rematará o vindeiro 14 de febreiro e poderanse subvencionar os gastos realizados entre o 1 de xuño de 2018 e o 31 de maio de 2019. Deberanse presentar obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información