Convocadas as axudas para instalar caldeiras de biomasa nos fogares

Publicidade

Administración convocante: Instituto Enerxético de Galicia (Inega)

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190107/AnuncioG0474-111218-0009_gl.html

Prazo: Ata 23/02/2019

Resumo:

O Diario Oficial de Galicia publica este luns a convocatoria de axudas do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de biomasa destinadas a particulares.

A través da convocatoria para apoiar a instalación de caldeiras de biomasa para familias e comunidades de propietarios en zonas non densamente poboadas, concederanse apoios por 1,044 millóns de euros. O programa, cofinanciado con fondos Feader, contempla axudas de ata 60.000 euros.

Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas propietarias de calquera dereito sobre un inmoble de dereito residencial ou as comunidades e mancomunidades de veciños, así como as agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade

A dotación máxima para financiar esta convocatoria é de 1.044.000 €

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 23 de febreiro

As solicitudes de axudas serán presentadas polas entidades colaboradoras, xunto coa documentación que se indica nas bases reguladoras. As solicitudes deberán presentarse exclusivamente por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal).

As entidades colaboradoras contarán cun prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para solicitaren a súa adhesión, cubrindo e confirmando o formulario de adhesión.

O prazo de presentación das solicitudes de axudas será dun (1) mes contado desde o día seguinte ao de remate do prazo de adhesión das entidades colaboradoras. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información