Convocadas as axudas para demostracións e accións de información no sector agroforestal e agroalimentario

Publicidade

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180726/AnuncioG0426-130718-0001_gl.html

Prazo: Ata 27/08/2018

Resumo:

O Diario Oficial de Galicia publica este xoves a convocatoria de axudas da Consellería de Medio Rural para o financiamento de actividades de demostración e accións de información para o sector agroforestal e agroalimentario.

Estas axudas, en réxime de concorrencia competitiva, están cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020. O orzamento é de 301.592 euros, repartidos en 161.580 para este ano e 140.011 para o ao 2019.

Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas nesta orde as entidades privadas, con sede na Comunidade Autónoma de Galicia (entre elas, cooperativas ou outras entidades asociativas agrarias), que teñan entre as súas finalidades a formación e/ou información ao sector e que teñan acreditada experiencia de dous anos na organización de actividades de información e/ou demostración en materias relacionadas cos sectores agrícolas, gandeiros, forestais ou agroalimentarios.

Ademais, deberán dispor dos medios axeitados e do persoal cualificado para a execución das actividades obxecto da subvención, con titulación universitaria de grao superior ou medio en materias agrarias ou afíns. Tamén terán que acreditar experiencia concreta no ámbito da actividade que se vai desenvolver.

As actividades deberán estar dirixidas, en especial, á mocidade e ás mulleres do medio rural, orientadas a persoas en idade laboral, en activo ou con expectativa de incorporación en sectores produtivos relacionados coa agricultura e a silvicultura, así como facilitar a innovación e a incorporación de novas tecnoloxías e coñecementos aos ditos sectores,

Non se financiará ningunha actividade de investigación nin campos de ensaio.

Importe:

Concederase unha axuda de ata un máximo de 8.000 euros por entidade e ano para actividades de demostración e accións de información. A repartición estimada segundo o colectivo de destinatarios é:

a) Actividades con participación de polo menos o 60 % de mulleres, 80.790,21 euros para o ano 2018 e 70.005,95 euros para a anualidade 2019.

b) Actividades non incluídas na epígrafe anterior, 80.790,21 euros para o ano 2018 e 70.005,95 euros para a anualidade 2019.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes remata no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia; é dicir, ata o 27 de agosto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *