Convocadas as axudas da Xunta para rehabilitar e mellorar a eficiencia enerxética das vivendas

Publicidade
Publicidade

Administración convocante: Instituto Galego da Vivenda e Solo

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?ruta=/u01/app/oracle/shared/resources/pxdog100/doga/Publicados/2020/20200226/Secciones1_gl.html&paginaCompleta=false&fecha=26/02/2020&compMenu=10102

Prazo: Ata 26/03/2020

Resumo:

A Xunta de Galicia destinará un total de 4,9 millóns de euros ás axudas dos programas de fomento de mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade en vivendas e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018– 2021, cuxa convocatoria publica hoxe o Diario Oficial de Galicia.

Tal e como se indica na Resolución, o programa conta con dúas liñas de axudas:

• Liña A, axuda ao fomento da mellora da eficacia enerxética e da sustentación en vivendas; a súa finalidade é financiar obras de mellora da eficiencia enerxética e da sustentación, con especial atención á envolvente edificatoria.

Esta liña está dotada cun total de 1.900.000 euros para as anualidades 2020 e 2021.

• Liña B, axuda ao fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas; a súa finalidade é financiar obras de conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade.

Esta liña está dotada cun total de 3.000.000 euros para as anualidades 2020 e 2021.

Actuacións subvencionables

Na liña A considéranse actuacións subvencionables a mellora da envolvente térmica da vivenda ou do edificio; a instalación de sistemas de calefacción, refrixeración, produción de auga quente sanitaria e ventilación para o acondicionamento térmico ou o incremento da eficiencia enerxética dos xa existentes; a instalación de equipos de xeración ou que permitan a utilización de enerxías renovables e as actuacións que melloren o cumprimento da normativa técnica en cuestións como o illamento sonoro.

Entre as actuacións subvencionables nesta liña inclúense as que afecten a elementos cuxo tratamento permita reducir de forma efectiva no interior da edificación a media anual de concentración de radon a niveis inferiores a 300 Bq/m3 ou nas que, sen alcanzar o devandito nivel, se reduza a concentración inicial en, polo menos, un 50 por cento.

Ademais, en edificios de tipoloxía residencia colectiva subvencionarase a mellora da eficiencia enerxética das instalacións comúns de ascensores e iluminación; a mellora do subministro de auga e aforro da mesma; mellora do saneamento separativo e outras que afectan a factores como a redución do consumo de auga en zonas comúns ou o fomento da mobilidade sustentable.

Na liña B considéranse actuacións sustentables as relativas á conservación da cimentación, da estrutura, das instalacións, de cubertas e fachadas, a adecuación interior da vivenda unifamiliar, instalación de ascensores, salvaescaleiras, ramplas ou outros dispositivos de accesibilidade e outros como a instalacións de sinalización, elementos electrónicos de comunicación, domótica e calquera elemento que facilite a accesibilidade.

Beneficiarios

Poderán beneficiarse destas axudas os propietarios das vivendas ou edificios a rehabilitar, as comunidades de propietarios, as agrupacións de comunidades e as agrupacións de propietarios. Tamén poderán beneficiarse os inquilinos da vivenda que asuman, en virtude dun acordo co arrendador, o custo das actuacións de rehabilitación, a cambio do pagamento da renda.

Requisitos das vivendas

As vivendas e edificios a rehabilitar deberán estar finalizadas antes do 1 de xaneiro de 1996. As vivendas deberán constituír a residencia habitual e permanente dos propietarios, arrendatarios ou moradores no momento de solicitar a axuda.

No caso de actuacións en edificios de vivendas de tipoloxía residencial colectiva polo menos o 70 por cento da superficie construída sobre rasante terá uso residencial de vivenda, excluída a planta baixa e/ou plantas inferiores. Ademais polo menos o 50 por cento das vivendas deberán constituír o domicilio habitual das persoas propietarias, arrendatarias ou moradoras no momento de solicitar as axudas.

Contía das axudas

A contía das axudas será, con carácter xeral, do 40 por cento do custo subvencionable da actuación sempre dentro dos límites que se indican nos cadros seguintes. No caso de que os ingresos sexan inferiores a tres veces o Iprem a porcentaxe poderá chegar ao 75 por cento. A porcentaxe tamén poderá chegar ao 75 por cento no caso de actuacións de accesibilidade se na unidade da convivencia residente na vivenda hai unha persoa con discapacidade ou maior de 65 anos.

O importe máximo das axudas será o seguinte:

  Vivenda unifamiliar Vivenda colectiva
Básica 12.000 € 8.000 €
Familia con discapacitado (depende do tipo de discapacidade) 18.000 € 12.000 €
24.000 € 16.000 €
  Actuacións de conservación Actuacións de seguridade e accesibilidade
Básica 3.000 € 8.000 €
Familia con discapacitado (depende do tipo de discapacidade) 14.000 €
17.000 €

As axudas básicas poderán incrementarse en 1.000 euros cando se trata de inmobles declarados Ben de Interese Cultural, estean catalogados ou conten con protección integral no instrumento de ordenación urbanística correspondente.

Ademais, as axudas incrementaranse nun 25 por cento cando as persoas beneficiarias sexan menores de 35 anos e as actuacións se realicen en concellos de menos de 5.000 habitantes.

Solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de un mes a contar dende o día seguinte á publicación no DOG, rematando o 26 de marzo de 2020.

Efectos retroactivos das axudas

As actuacións obxecto de financiamento non poderán estar iniciadas con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2020 nin estar finalizadas con carácter previo á publicación da convocatoria no DOG. Non obstante o anterior, aquelas persoas ou entidades que tendo solicitado estas axudas ao abeiro da Resolución do 15 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións dos programas de fomento de mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade en vivendas e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan 2018-2021, e se convocan para o ano 2019, con carácter plurianual (DOG, núm. 143, do 30 de xullo), e lles fosen denegadas por esgotamento do orzamento, poderán ter iniciado actuacións con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2019, así como telas finalizadas antes da publicación da convocatoria.

Programa Rehaluga

Esté é un programa de rehabilitación vinculado ao Programa de Vivendas Baleiras. O Rehaluga concede axudas aos propietarios de vivendas adheridas ao Programa de Vivendas Baleiras para a realización de obras de rehabilitación e mellora das vivendas.

O importe da axuda será o 100 por cento do custe das actuacións executadas, co límite de 8.000 euros por vivenda. A axuda poderá solicitarse ata o 10 de novembro ou ata o esgotamento da partida presupostaria, que está dotada con 20.000 euros

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información