Continúa a baixada do porcino en Silleda

A mesa de prezos da Central Agropecuaria de Galicia acorda novas baixadas nos prezos do porco cebado e nos leitóns

Continúa a baixada do porcino en Silleda

A mesa de cotizacións do porcino da Central Agropecuaria de Galicia – Abanca acordou hoxe novas baixadas dos prezos. De novo esta semana as reducións afectaron tanto ó porco cebado coma ós leitóns. As cotizacións continúan acordándose de xeito telemático, dadas as restricións polo Estado de alarma do coronavirus, e o recinto feiral de Silleda comezou a operar como punto de concentración para o vacún mentres os mercados de gando continúen paralizados.

No caso dos animais cebados de categoría selecta e normal a baixada foi de 0,050 euros, ó igual que a redución decretada a semana pasada. Así, pasan a cotizarse a 1,355 e 1,330 euros o quilo, respectivamente. Nos exemplares de Canle II o prezo sitúase en 1,727 euros o quilo, logo dunha caída de 0,065 euros. Os animais de desvelle cotízanse entre 0,63 e 0,69 euros o quilo, despois dunha baixada do prezo de 0,120 euros.

Nos leitóns a baixada foi de 7 euros para ambas categorías. Así, os animais procedentes dunha única granxa sitúanse nos 58 euros, mentres que os chegados de varias ganderías cotízanse a 53 euros. O prezo do quilo é de 2,9 euros e 2,65 euros, respectivamente.

En canto ó prezo do coello, esta semana mantense sen cambios na Lonxa de Madrid e cotízase a 1,75 euros o quilo.

05_05_2020-Lonxa-Silleda-

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información