“Consumir o produto galego impulsa o mantemento do noso rural”

A presidenta do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, Lara Da Silva, valora o escenario que deixa a crise do coronavirus. Neste contexto, chama a atención sobre a importancia dun consumo responsable que priorice a produción autóctona

Publicidade
“Consumir o produto galego impulsa o mantemento do noso rural”

Lara Da Silva, presidenta do Consello Regulador da DO Monterrei.

da hostelaría levou a perdas importantes de vendas. Analizamos a situación con Lara Da Silva, presidenta do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, unha DO singular no contexto galego, enmarcada xeograficamente na conca do Douro e caracterizada polo seu clima continental.

A DO Monterrei está conformada por 27 adegas, a última inscrita estes días, e 389 viticultores. Todo o traballo de adegas, viticultores e técnicos pende do fío da evolución da pandemia. Nestes tempos convulsos, Da Silva incide na importancia de que o consumidor galego apoie a produción autóctona, “non só pola riquexa que se xera, senón porque ese consumo responsable impulsa o mantemento do noso rural”, subliña.

En que medida se están vendo afectadas as adegas de Monterrei polo parón da hostelería?
O 70% das vendas dos viños da D.O. Monterrei prodúcense no canal HORECA, polo tanto non podemos negar que está a ser un duro un golpe para o sector, xa que supuxo una fractura nas vendas moi significativa.

“O 70% dos viños da DO Monterrei véndense na hostelaría e restauración. Esta crise supuxo unha aprendizaxe sobre a necesidade de diversificar canles de venda”

Percibiuse un aumento de vendas en tendas e cadeas de supermercados que compensase en parte a caída doutros canais?
É moi difícil falar de compensación como tal, cando na maioría dos casos, dúas de cada tres vendas que realiza unha adega están destinadas a unha canle que permanece pechada ou aberta a un rendemento do 50%. Pero está claro que para o sector foi unha aprendizaxe prematura sobre a necesidade de diversificar as canles de venda. Neste senso, atopamos un aumento importante nás formulas alternativas como a canle da alimentación, plataformas online…

Cal é a situación da venda online nas adegas da denominación?, viñan xa participando en tendas online ou impulsando as súas propias?
A maioría das nosas adegas xa estaban presentes en plataformas de venda online, e algunas delas xa contaban coa opción de venda na súa propia páxina web e redes sociais. Son formúlas que permitiron poder acercar o seu produto ao consumidor nestes momentos tan complicados.

Con todo, hai que recordar que a porcentaxe de venda a través destas canles é pequeno, e se ben lóxicamente é unha porcentaxe que creceu nestas últimas semanas, pois o supermercado e as plataformas onlines foron as únicas canles que lle permitiron ao consumidor adquirir os nosos viños, o certo é que a rotación do produto non foi a esperada.

Temos que ter en conta que o consumidor galego e nacional, na maioría dos casos foi sempre un consumidor on-premise (canal Horeca), e agora mesmo existe unha tendencia ao off-premise, pero tamén require dun tempo de adaptación e estabilidade.

Como se están comportando os distintos mercados, Galicia, resto de España e exportación?
Galicia foi e segue sendo o noso principal mercado, e desde logo que debemos mantelo. Por iso son tan importantes campañas que impulsen o consumo de viño galego, que impulse a xente a consumir o produto de aquí, o local. Debemos entender que consumir os productos da nosa despensa non só xera riqueza económica no noso territorio, senón que tamén impulsa o mantemento da poboación no medio rural.

Galicia, na súa esencia, sempre foi sector primario e agora máis que nunca o futuro de todos nós está ligado ao futuro do sector. Por iso é importante que todos consumamos viño galego amparado por Denominación de Orixe. Temos que ter en conta que esta crise é de orde mundial, que o mercado a nivel nacional tamén sofre pérdidas e as exportacións, non van a solventar o problema que se está xestando.

Hoxe máis que nunca é necesario que o consumidor sexa responsable, e que apoie a todos os que día a día seguen a traballar, a arriscar e a confiar nun proxecto íntimamente ligado a Galicia.

“A crise supón un hándicap para a próxima vendima. Estamos traballando coa Xunta e co resto de consellos reguladores nun plan que apoie ás adegas e ós viticultores”

Como está a afectar a actual crise ás adegas a nivel financieiro e laboral?
Como dicía nun inicio a situación en moitos casos e moi complexa. Está claro que a venda é a principal preocupación dos operadores, xa que é o elemento principal que permite un correcto desenvolvemento do negocio e da cadea de valor do noso produto. Ligado precisamente a esta situación, atopamos a falta de liquidez ou a necesidade de financiamento, xa que a maioría dos gastos correntes débense afrontar igualmente. Por elo, moitas adegas víronse abocadas a realizar unha reestruturación financieira e tamén de persoal.

Todo elo, supón un hándicap para a próxima campaña de vendima, que preocupa moito a todo o sector. A Consellería de Medio Rural, coa participación e colaboración dos distintos Consellos Reguladores, está a elaborar un plan específico para o sector, un plan francamente necesario. Debemos ser quen de apoiar a un sector que xera riqueza, debemos ser quen de apoiar ás adegas que seguen apostando e arriscando, e por suposto, debemos ser quen de protexer aos viticultores que son a esencia deste sector, e á base da enocomarca de Monterrei.

O Consello Regulador proxecta a creación dun portal de venda online dos viños da DO Monterrei

Que proxectos destacarías desde a DO para apoiar ás adegas na promoción e comercialización dos seus viños?
Agora mesmo, como Presidenta deste organismo sinto moita frustración ante as circunstancias que moitos compañeiros estan a vivir, e moi posiblemente o que se faga non será suficiente, pero temos que continuar loitando por un sector que sempre foi resiliente e que merece todo o noso esforzo.

Por iso intentamos continuar cunha promoción con actividades non presenciais, dando a coñecer as nosas adegas e viños e incentivar que o consumidor compre viño de Monterrei. Froito disto, entre outras medidas que pronto daremos a coñecer, nace o proxecto de creación dun portal de venda dos viños de Monterrei, impulsado polo Consello, porque xuntos somos máis fortes.

De cara a próxima vendima, aínda faltan uns meses, pero as perspectivas apuntan a que as adegas chegarán a setembro con maiores stocks dos habituais. Pensades que será necesario tomar algunhas medidas excepcionais por esta situación?
Con respecto a esta cuestión, e como lle trasladaba, estamos a traballar coa Consellería do Medio Rural a fin de elaborar medidas concretas para esta campaña, e que agardo estean definidas en próximos días.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información