A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Consellos de Galical para lograr unha boa colleita de millo: a importancia do encalado

Óscar Vázquez, xerente comercial de Galical, ofrece unhas recomendacións clave para o encalado do terreo antes da sementeira do millo. Explica tamén a ampla oferta desta empresa galega en produtos encalantes

Consellos de Galical para lograr unha boa colleita de millo: a importancia do encalado

Os camións de Galical empregan GPS para optimizar o encalado.

Os solos de Galicia, e os de carácter granítico en xeral, tenden a ser acedos, o que constitúe un factor limitante para que os cultivos, como o millo forraxeiro, poidan aproveitar de forma eficiente e rendible os fertilizantes que lle achegamos.

Por iso, os técnicos coinciden en que é necesario realizar un encalado naquelas parcelas con PH por baixo de 5,5, xa que do contrario os nutrientes (Nitróxeno, fósforo e potasio) non estarán totalmente dispoñibles para ser aproveitados pola planta, e por tanto para lograr unha boa colleita. O óptimo é conseguir un PH de entre 6 e 7. Para o millo, un cultivo pouco tolerante á toxicidade por saturación de aluminio que se dá nos solos acedos, o PH óptimo é entre 6 e 7,2. Por suposto, o labor de encalado debe partir dunha analítica de chan para coñecer o seu nivel de PH.

Ademais, canto máis baixo sexa o PH menor efectividade dos herbicidas, especialmente nos de preemerxencia. As súas moléculas están deseñadas para solos cun PH neutro e perden efectividade en chans acedos e con alto contido de materia orgánica.

¿Diferencia entre cal e caliza?

A diferenza é fácil de recoñecer se sabemos que a caliza é a pedra extraída sen calcinar e o cal é o produto que obtemos tras a calcinación da caliza e/ou dolomía a temperaturas de entre 900° e 1100°C. Neste proceso a caliza perde o dióxido de carbono en forma de gas e prodúcese o óxido de calcio, o chamado cal vivo.

Ademais, os cales tanto vivos como apagados distínguense das calizas polo seu alto contido en calcio e magnesio.

-Cal: máis de 60% de óxido de calcio (CaO)
-Caliza: menos do 60% de CaO
-Cal dolomítica: máis de 40% CaO e do 20% de óxido de magnesio (MgO).
-Calizaa dolomítica: menos do 40% de CaO e do 20% de MgO

Emendas calizas que ofrece Galical:

1) Cal vivo: para reducir rapidamente a acidez do solo

Galical ofrece emendas calizas de cal vivo en tres formulacións distintas:

-Cal vivo granulado: cun 90 % de óxido de calcio (CaO).
-Cal vivo granulado dolomítica cun 35 % de óxido de magnesio (MgO) e un 60 % CaO. O magnesio é un nutriente que adoita presentar carencias nos chans galegos e que é importante para o crecemento de cultivos como o millo.
-Cal vivo cun 80% de CaO.

O encalado de terreos con cales vivos ou dolomías calcinadas reduce rapidamente a acidez do terreo debido ao seu gran poder neutralizante. Os tres produtos asimílanse facilmente no chan e a súa aplicación é sinxela e rápida. Así mesmo, ao ser produtos en forma de óxidos pódense aplicar con granulometrías grosas carentes de po. Os tamaños máis utilizados son de 0-4 e 3-7 mm, aínda que Galical pode realizar mesturas de varios produtos.

2) Cal apagado: Un produto de fácil asimilación no solo

Galical preséntao en dúas formulacións:

-Cal apagado, cun 65% de CaO.
-Cal apagado máis dolomía: un 53% de CaO e un 23% de MgO.

O cal apagado ou hidróxido de calcio reduce favorablemente a acidez do chan aumentando así os rendementos das colleitas. O produto, de fácil asimilación no solo, pode ser aplicado como encalante de fondo ou en cobertura.

A mestura de cal apagado (hidróxido de calcio) e dolomía (carbonato de calcio-magnesio) ofrece unha asimilación rápida na terra debido ao seu alto contido de cal. Así mesmo, a achega de magnesio da dolomía actúa como neutralizante da acidez e resulta fundamental para a actividade clorofílica da planta.

3) Carbonato cálcico:54 % CaO
É a pedra calcaria triturada finamente composta por un 98 % de carbonato cálcico (CaO3) . Alta solubilidade e finura. Acción lenta.

4) Caliza dolomítica: GALIMAG (33 % CaO e un 17 % MgO)
A emenda calcaria dolomítica é un produto triturado finamente con alta solubilidade e unha acción rápida.

5) Carbonato cálcico fino: GRANICAL G60 SUPRA (52 % de CaO/ 6 % MgO)
É un carbonato cálcico finamente triturado a 0,63 mm para a súa posterior granulación. O seu aspecto esférico e compacto, libre de po, ofrece alta solubilidade e unha acción rápida.

Modos de subministración:

GALICAL_ENCALADO_2Galical serve directamente o seu produto en todo o Noroeste da Península mediante unha moderna frota de camións equipados coas últimas tecnoloxías, como aplicación con GPS para garantir un encalado eficiente e uniforme en toda a parcela, ou brazos dosificadores, un dispositivo que incorporou desde hai anos e que reduce as perdas por vento.

Modos de subministración:

-A granel
-Camión cisterna
-Camión volquete
-Big bags de 1.100 e de 600 kg
-Sacos dos seguintes pesos: 14 kg, 16 kg, 30 kg, 35 kg
-Servizo de estendido en fincas.

Contacto:

Rúa/ Arieiras, S/n 27297 Lugo
982-22-14-84
Horario: Luns a Venres de 9:00 a 13:30 e de 15:30 a 19:00
E-mail: info@galical.es / galical@galical.es

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *