A conselleira defende diversificar as producións para dinamizar o rural galego

A conselleira do Medio Rural visitou as instalacións de galiñas campeiras que Campomayor ten no concello de Boimorto. Esta empresa recibirá unha achega de preto de 44.000 euros para crear unha planta de tratamento de augas residuais

A conselleira defende diversificar as producións para dinamizar o rural galego

Ánxeles Vázquez durante unha visita a Granxa Campomayor

A empresa Campomayor é unha das beneficiarias das axudas de transformación e comercialización de produtos agroalimentarios deste ano. Recibirá da Consellería do Medio Rural 43.848 euros para crear unha nova planta de tratamento de augas residuais nas súas instalacións de Palas de Rei, que custará uns 125.282 euros.

A conselleira defendeu a relevancia dos investimentos nos sectores con menos peso en Galicia porque tamén eles contribúen a dinamizar a economía rural. Neste sentido, lembrou que ata o 13% das axudas deste ano pertencen a ámbitos distintos ao lácteo, o vitivinícola e o cárnico. En concreto, o 5,5% do orzamento vai destinado a dez proxectos hortofrutícolas e o 7,5% restante a 23 actuacións doutros campos, como neste caso, os ovos. En total, neste 2017 aprobáronse 144 iniciativas cun investimento superior aos 74,6 millóns de euros e que recibirán unhas subvencións de Medio Rural de preto de 24 millóns.

Negocio familiar innovador

Campomayor é unha empresa de carácter familiar que vai xa pola cuarta xeración. Conta cunhas instalacións modernas nas que cada día recolle uns 600.000 ovos, o que se traduce nunha produción duns 14 millóns de ducias ao ano e unha facturación de 16 millóns de euros.

Ángeles Vázquez destacou a súa diversificación de produtos entre os que hai ovos de cría tradicional, campeiros e ecolóxicos, pero tamén ovo líquido e ovo cociñado a baixa temperatura que se utiliza na alta cociña. Esta é unha iniciativa pioneira en España e que, sumada ao ovo líquido pasteurizado que comercializan desde 2015, é o resultado de anos de investigación que a compañía leva a cabo desde o seu departamento de I+D+i.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información