Concellos nos que non se utilizarán as referencias SIGPAC para solicitar a PAC

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) acaba de publicar a lista de termos municipais nos que, de maneira excepcional, non se utilizarán as referencias SIGPAC para a identificación das parcelas agrícolas na campaña 2020.

En concreto, e como axuda á presentación de solicitudes por superficie da Política Agrícola Común (PAC), publícase a relación detallada e o resumo de todos os municipios de España nos que, en todo ou en parte do seu territorio, a declaración de superficies débese facer con referencias identificativas distintas ás referencias SIGPAC.

Esta información facilítase para que todos os produtores que inclúan, dentro da súa solicitude de axudas, superficies situadas nalgún destes termos municipais, presten especial atención, por poder ter que utilizar referencias identificativas distintas ás utilizadas no ano anterior.

Consulta aquí a listaxe de municipios.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información