A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

‘Con Ratibrom nin rata nin rato. Poñédeos a dieta’

A popular marca galega de raticida lanza un novo spot televisivo protagonizado polo actor Alfonso Agra, que leva sendo a imaxe da marca desde o 2003

Impex Europa, o fabricante galego de Ratibrom, a marca líder de raticidas na Península, vén de lanzar un novo spot televisivo do produto. Como é habitual nos últimos anos, protagoniza a peza o actor Alfonso Agra, que é a imaxe da marca desde o ano 2003. No spot, deste ano, Agra desprázase a unha aldea para axudar ós veciños a controlar ós ratos, rematando o anuncio co popular lema da empresa: “Con Ratibrom, nin rata nin rato”, que se completa este ano coa recomendación ‘Poñédeos a dieta!’.

O escenario elixido para a gravación foi unha aldea do rural de Arteixo (A Coruña), un concello no que a marca xa ten gravado outros spots no pasado.

Ratibrom, un raticida que emprega como principio activo a bromadiolona, caracterízase por contar cun cebo con altísima apetencia para os roedores, formulado con microfariñas de cereais e aceites vexetais. A gran vantaxe do principio activo do Ratibrom, a bromadiolona, é a súa gran efectividade despois de 4-5 días, pois favorece que ratas ou ratóns inxiran cantidade suficiente do cebo para que sexa letal sen levantar sospeitas nos roedores.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información