Comeza a vendima en Monterrei

Castro de Lobarzán, situada na localidade de Vilaza, é a primeira das adegas da D.O de Monterrei en iniciar as tarefas de recollida da uva neste ano 2015

Publicidade
Comeza a vendima en Monterrei

Vendimando en Monterrei

A tempada de vendima 2015 xa comezou en Monterrei e fíxoo cun adianto de case unha semana con respecto ao ano pasado. Así, esta mañá iniciábanse as tarefas de recollida da uva en Castro de Lobarzán, adega situada na localidade de Vilaza, que este ano será a primeira das integradas na D.O en empezar a vendimar recollendo, en concreto, variedades tintas de mencía, arauxa emerenzao.

Dende a Denominación de Orixe Monterrei espérase unha boa campaña dado que o estado fitosanitario das uvas é moi bo debido, principalmente, á escaseza de precipitacións durante o ciclo fenoloxía da planta. As previsións que manexan os técnicos destaD.O sinalan que poderían superarse amplamente os 3 millóns de quilos de uva recollidos, incrementando a cantidade en máis un 20% con respecto ao ano pasado, o que supoñería un fito histórico na zona.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información