A colleita 2019 do D.O. Ribeira Sacra cualificada como “moi boa”

Publicidade
A colleita 2019 do D.O. Ribeira Sacra cualificada como “moi boa”

O panel de cata da Denominación de Orixe Ribeira Sacra valorou 10 referencias, representativas das 5 subzonas (Amandi, Chantada, Quiroga- Bibei, Ribeiras do Miño e Ribeiras do Sil), catando mostras de pequenas e grandes adegas, e mostras de depósito e xa en mercado, para ter un abano diverso, co obxectivo de determinar unha calidade media dos viños, que resultou ser MOI BOA, cunha puntuación de 7.5.

Integraban o panel de cata, que se deu cita en Portomarín:

Constantino Iglesias, Asociación Galega de Catadores
Alejandro López Facorro, Asociación Catadoras de Gallaecia
Ana Isabel Fernández Escudero, Asociación VitisLucus, expertos en análise sensorial e enoturismo
Maira Ratón Fernández, Asociación Galega de Enólogos
Waldo Carreiras Albo, representante Consumidores Consello Regulador D.Ou. Ribeira Sacra
José María Martínez Alonso, representante Distribución Consello Regulador D.Ou. Ribeira Sacra
Alfonso Losada Quiroga, experto en Análise Sensorial de Viños
David Pascual Rodríguez, experto en Análise Sensorial de Viños
Mar Vilanova de la Torre, experta en Análise Sensorial de Viños
José Luís Hernáez Mañas, experto en Viticultura e Análise Sensorial de Viños

Mar Vilanova: “Vese unha evolución moi boa”

Mar Vilanova de la Torre, experta en Análise Sensorial de Viños, sinalaba que “a nivel olfativo moi bos e sobre todo en boca”. “Vese unha evolución moi boa. Eses toques de froita co frescor que lles dan os recendos vexetais outorga unha moi boa estrutura en boca. Nos viños catados había variedade, vese o efecto terroir, as diferenzas dos viños segundo as subzonas. É unha DO. con moita variedade segundo a orixe e iso dálle características diferentes”, asegurou.

José Luís Hernáez Mañas: “Son viños fantásticos con eses aromas da uva Mencía, boca intensa, padal sedoso..”

José Luís Hernáez Mañas, experto en Viticultura e Análise Sensorial de Viños aseguraba que “a colleita cualificouse como moi boa, pero a min interésame destacar, despois do tempo que levo sen vir, a evolución dos viños do D.O. Ribeira Sacra cara á personalidade”. “O viño, cando o tomas, identifícalo con Ribeira Sacra. Son viños fantásticos con eses aromas da uva Mencía, boca intensa, padal sedoso e moitos dos viños catados teñen un postgusto na boca extraordinario. É unha zona que percorreu un fantástico camiño e se Ribeira Sacra declárase Patrimonio da Humanidade, como O merece, o viño, que é unha expresión histórica e cultural da zona, tamén será Patrimonio da Humanidade”, subliñou.

O Consello Regulador organiza esta cata co fin de informar os consumidores sobre a calidade dos viños que se van  atopar no mercado. A primeira cata de cualificación celebrouse no 1996, co resultado de “BOA”. Desde entón, todas as cualificacións foron de “MOI BOA”, a excepción do 2000, e os últimos dous anos, que foron “EXCELENTES”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información