Coidados das maceiras durante estas semanas

Publicidade
Coidados das maceiras durante estas semanas

A Asociación de Fruticultores de Galicia (AFRUGAL) ven de publicar o seu primeiro informe fitosanitario deste ano, no que fai unha analíse da situación sanitaria das maceiras e ofrece unhas recomendacións dos tratamentos e coidados a aplicar durante estas semanas.

Recomendacións: 

En maceiras que estén en estado fenolóxico igual ou anterior a C-C3 (orella de rato), podemos aplicar un tratamento funxicida a base de cobre que ten como finalidade previr os ataques de fungos cando a xema está a hincharse. Este sería o caso de casi todas as variedades sidreiras (agás De la Riega).

En maceiras que superen o estado fenolóxico C-C3 e até o estado de botón rosa (E2-F)(todas as variedades de mesa), é imprescindible un tratamento preventivo cun funxicida de contacto, mellor que un funxicida sistémico, xa que no estado actual das maceiras, temos pouco desenrolo vexetativo, o que perxudica a absorción do mesmo. Este funxicida de contacto, pode ir unido a un insecticida que controlaría o ataque do pulgón cincento.

En maceiras de mesa en floración, debemos respectar esta época sen tratamentos a fin de protexer a actividade das abellas e demáis insectos polinizadores.

Nas variedades de mesa nas que xa estamos en fase de caída de pétalos (estados H-I), aplicaremos tamén un tratamento funxicida pero cun produto sistémico, xa que dispoñemos de máis superfície foliar.

Recoméndase alternar as materias activas usadas para evitar problemas de resistencia.

Confusión sexual en Cydia pomonella ou verme da mazá

Debemos de proceder á colocación de difusores de fermona de Cydia pomonella (Verme da mazá), como método biotecnolóxico para o control desta praga, xa que se debe de colocar ao inicio do vóo para que sexa eficaz.

Este método de loita consiste en dispoñer de numerosos difusores de feromonas distribuidos pola plantación. A feromona é a substancia química que emiten as femias para atraer aos machos. Ao poñer moitos puntos de emisión desta feromona, interfírese a comunicación entre machos e femias dificultando o encontro e, en consecuencia, os ovos non son fecundados.

Observacións:

As xemas, para sair do repouso necesitan unha cantidade específica de frío invernal que restaure a capacidade da xema para hincharse e medrar. Temperaturas por debaixo de 7ºC son as efectivas. Polo tanto, a duración media de repouso dunha determinade especie denomínase “necesidades de frío”.

Este ano non acadamos a cantidade necesaria de horas-frío, polo que os síntomas que imos atopar serán: floración escalonada, perda de xemas, e polo tanto disminución da colleita.

Este desaxuste na floración provoca dificultade na polinización e que os froitos sexan de tamaño máis pequeño.

Recomendacións dos técnicos de AFRUGAL:

Agricultura ecolóxica:

Insecticida: Aceite de neem (azadiractina 1%).
Funxicida de contacto: Polisulfuro de Calcio.

Produción Integrada:

Insecticida: Azadiractina 3,2% ou Flonicamid.
Funxicida de contacto: Captam ou Mancozeb.
Funxicida sistémico: Tebuconazol ou Metil-Tiofanato.

Estados fenolóxicos da maceira según Fleckinger:

AFRUGAL Fleckinger

O texto completo está disponible no seguinte enlace:

http://fruticultoresgalicia.blogspot.com/p/informes-fitosanitarios-2020.html

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información