Cobideza inicia o ensilado do millo en Galicia

Cobideza inicia o ensilado do millo en Galicia

O millo secou nalgunhas parcelas.

A maquinaria da cooperativa Cobideza comezou este mércores a ensilar as primeiras leiras de millo e de xirasol na comarca do Deza.

Desde a cooperativa informan de que o ensilado adiantouse debido á seca, que está a agostar o millo plantado en leiras con terreos menos profundos, así como aos ataques dos xabaríns, que tamén se adiantaron respecto doutros anos.

Desta forma, desde Cobideza aseguran que “a colleita de millo forraxeiro, que se prevía moderadamente boa vai quedar en moi moderada debido á falta de choivas, que provoca que haxa parcelas nas que o sol queimou o millo”.

O ensilado nas parcelas de zonas de val, con maior humidade, realizarase nas próximas semanas.

Vídeo: Cobideza inicia o ensilado do millo en Galicia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información