COAG presenta a 1ª Guía divulgativa sobre a Lei de mellora da Cadea Alimentaria

O obxectivo: explicar aos agricultores e gandeiros, de forma moi didáctica, os seus novos dereitos e obrigas. Nunha primeira edición, está previsto que se distribúa a 50.000 profesionais do sector agroalimentario.

COAG presenta a 1ª Guía divulgativa sobre a Lei de mellora da Cadea Alimentaria

Acto de presentación

A Coordinadora de Organizacións de Agricultores e Gandeiros (COAG) presentou onte no Salón de Actos do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, a 1ª COAGUÍA divulgativa sobre a Lei de medidas de mellora da Cadea Alimentaria.

Ante máis dun centenar de persoas, o Secretario Xeral de COAG,Miguel Blanco, acompañado da Ministra de Agricultura, Alimentación e Medio, Isabel García Tejerina, expuxo as liñas básicas desta publicación, que nace co obxectivo de explicar aos agricultores e gandeiros profesionais, de forma moi didáctica, os novos dereitos e obrigas que recolle a nova normativa. Esta Lei é unha reivindicación histórica e a normativa regulatoria máis importante tras a reforma da PAC. Era necesario regular o funcionamento da cadea agroalimentaria porque o mercado por si só non se regula de forma xusta e equilibrada, o que leva a prácticas de abuso de posición dominante que rematan debilitando ao produtor,” subliñou Miguel Blanco, Secretario Xeral de COAG.

Nunha primeira edición, está previsto que a COAGUíA chegue a 50.000 profesionais do sector agroalimentario. O contido da publicación divídese en 5 capítulos nos que se explican os beneficios desta Lei para o sector produtor, dáse a coñecer a Axencia de Información e Control Alimentarios (AICA), o Código de Boas Prácticas Mercantís na Contratación Alimentaria e as propostas de COAG para mellorar o funcionamento das relacións entre todos os elos da cadea. Destaca especialmente o capítulo 2, “Información Práctica; Como te afecta e como che pode afectar esta Lei? ” no que, de forma breve, sinxela e directa se dá resposta ás 10 preguntas máis frecuentes sobre a nova normativa: http://www.coagmovil.org/10-preguntas-y-respuestas.pdf

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información