A proposta de valor de CLARIFIDE® Plus, proba xenómica que permite seleccionar ao vacún leiteiro en función da súa saúde, rendemento e beneficio, inclúe un plan de mellora da explotación mediante o emprego da máis avanzada tecnoloxía, consultoría da man de expertos na materia e ferramentas de soporte. Entre estas ferramentas de soporte Zoetis pon a disposición do profesional de vacún de leite o portal web www.zoetis.es/genetics
A través desta páxina web a compañía ofrece información acerca de como solicitar os servizos de CLARIFIDE® Plus para levar a cabo a avaliación xenómica, clarificando como debe ser a recollida de mostras por parte do cliente.
Tamén permite o acceso directo a SearchPoint, sistema de xestión de datos que axuda ao produtor a acadar os seus obxectivos de mellora xenética, xa que CLARIFIDE® Plus ofrece información de alto valor, pero é fundamental saber como empregala da maneira máis adecuada.
Así, CLARIFIDE® Plus analiza o potencial xenético dos animais e SearchPoint, xunto co servizo e apoio do Equipo Técnico de Ruminantes de Zoetis, axudan ao produtor a entender a información, clasificar as predicións xenéticas obtidas e, en definitiva, producir animais máis valiosos. O resultado final son mellores decisións de selección para o éxito da gandería, mellorando a rendibilidade, produtividade e o benestar animal.