Cinco claves de como se prevé o mercado do viño en 2018

Publicidade
Cinco claves de como se prevé o mercado do viño en 2018

O Observatorio Español do Mercado do Viño ( OeMv) publicou recentemente un informe sobre as previsións do mercado do viño español durante o primeiro semestre deste 2018.

Velaquí as principais conclusións:

O 2017 foi un ano cunha vendima, en xeral, inferior á dunha campaña normal debido ás inclemencias meteorolóxicas. Neste sentido, é previsible unha perda de mercados en termos de volume, algo en mercado nacional e máis na exportación particularmente nos mercados de menor valor engadido.

Tamén se vai a producir un estreitamento das marxes das empresas pola dificultade de trasladar o 100% das subas do prezo da uva en vendima, particularmente entre as que están menos diversificadas e que concentran a maior parte das súas vendas en produtos do ano.

-Incrementar os prezos pode provocar perda de mercado:

Repercutir no prezo de venda ao público a suba da vendima pode provocar unha perda de consumo, sobre todo nos segmentos máis económicos.

-Menos viño no mundo e a prezos medios máis elevados:

En canto ás exportacións, a curta colleita española de 2017, coincidente tamén con colleitas menores nos países veciños como Francia e Italia, pero quizais compensada con boas vendimas no hemisferio Sur durante o mes de marzo, fan prever que o volume mundial de viño sexa similar ou lixeiramente inferior, a prezos medios máis elevados e cunha facturación á alza.

-Segue aumentando a demanda de viños espumosos a prezos non caros:

A demanda de viños espumosos seguirá sendo moi forte, con previsións de crecemento de en torno ao 10% tanto en valor como en volume. Mantense a moda dos viños espumosos non particularmente caros.

-Importacións: China, Rusia e Holanda lideran o incremento de compras

Entre os mercados importadores, China, xunto con Rusia e Holanda lideraron as compras en 2017 entre os principais importadores, mentres que Brasil, Singapur e a República Checa presentaron cifras de incremento da importación por encima do 10% con respecto a 2016.

Estados Unidos, Reino Unido e Alemaña mantéñense como os tres principais mercados mundiais, por encima dos 10 millóns de hectólitros cada un, pero a uns ritmos de crecemento algo menores, do 5,6%, 5,8% e 2%, respectivamente, en valor.

-Oportunidade de “premiumización”:

Neste contexto, o risco de menor marxe -ao ser difícil trasladar ao consumidor o incremento do prezo da uva- e de perda de mercado, é maior para aquelas adegas que non dispoñen do colchón de dispoñer de existencias de anos anteriores e que traballan cunha marxe máis pequena.

Porén, para o Observatorio Español do Mercado do Viño ( OeMv) esta situación de mercado supón unha oportunidade de diversificar a carteira de produtos e de optar polo súa “ premiumización”. É dicir, buscar clientes, tipos de produtos e liñas de comercialización que no futuro fagan ás adegas menos dependentes das amplas variacións de prezos en vendima.

“Unha tendencia que xa vén dándose entre as adegas españolas nos últimos anos, e que se plasma en máis e mellores departamentos comerciais, redes de distribución, información de mercado e esforzo promocional, acompañados de mellora en produto e imaxe, e que debe levar cara á mellora do valor dos nosos viños, de forma algo máis estable”, conclúen desde a OeMv.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información