Chega a edición 2020 da “Guía de viños, destilados e adegas de Galicia”

Publicidade
Chega a edición 2020 da “Guía de viños, destilados e adegas de Galicia”

O Museo do Viño de Galicia serviu este venres de marco para a presentación da Guía de Viños, destilados e adegas de Galicia 2020. “A única ferramenta multidisciplinar para levar na man ao sector do viño galego”, destacou o seu editor, Luis Paadín, que destacou a implicación de adegueiros e profesionais, especialmente dos 39 expertos que participaron nos 25 paneis de cata con que se elaboraron as 2.000 referencias da guía.

O director do Museo do Viño de Galicia, César Llana, destacou que esta presentación prodúcese “apenas un mes despois de recibir a edición de 2019 en Madrid o prestixioso premio IWC Merchant Awards como a mellor iniciativa de divulgación no mundo do viño en España”.

“É un orgullo para nós chegar a esta madurez”, destacou o seu editor, o experto sumiller e divulgador enolóxico, Luis Paadín, “sendo a única ferramenta para levar ao sector galego do viño na man”. Así, explicou, “Galicia é das poucas comunidades que poden dar a coñecer os seus viños cunha guía profesional, aquí, no resto do estado e no estranxeiro”.

Todas as Denominacións de Orixe

A guía é un manual completo de clasificacións e cata con 432 páxinas en cor, exenta de publicidade e con 1.134 fichas na edición de 2020. Para a súa elaboración, foron catados máis de 1.500 viños, de máis de 500 adegas, “a totalidade das amparadas nas DO e IXP de viño de Galicia”, destacou o responsable de catas, Alejandro Paadín.

Ademais, inclúe referencias de destilados, mapas climáticos e pluviométricos dos últimos tres anos en Galicia, por DO, e mapas litolóxicos e de relevo.

Nesta edición participaron 39 catadores expertos en viños galegos, e catadores invitados do Bierzo, Zamora, Málaga, Toro, A Rioxa, Ribera do Douro e Londres, distribuídos en 25 paneis de cata.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información