A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Catálogo da II Poxa de Gando Frisón de Elite de Curtis

Catálogo da II Poxa de Gando Frisón de Elite de Curtis

Xa está disponible o catálogo da II Poxa de Elite de Gando Frisón, que se celebrará este domingo, día 18, no recinto feiral de Curtis. Trátase da única poxa que se celebra en Galicia de reses de alta calidade xenética e prevese a asistencia de gandeiros tanto da comunidade como do resto de España e tamén de Portugal.

A subasta está organizada pola empresa galega Embriomarket S.L e comezará ás 11:30 horas. Sairán á poxa 25 animais procedentes de oito das máis importantes gandarías de Galicia.

Trátase de destacados exemplares Top GICO, Top Tipo e Top Show, e de feito once destes animais sairán a Poxa con contratos previos ben de embrións ou de machos.

Consulta aquí o catálogo:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *