Case o 50% do seme de Rubia Galega xa se vende fóra de España

A asociación destaca o incremento das canais comercializadas baixo Ternera Gallega Suprema-Carne de Rubia Gallega

Case o 50% do seme de Rubia Galega xa se vende fóra de España

Touro de raza Rubia Galega

A Asociación de Criadores de raza Rubia Galega (Acruga) pechou o ano 2016 cunha maior presencia no mercado internacional, que xa representa case o 50% das súas vendas de seme.

En total, no pasado ano, vendéronse preto de 240.000 doses, unas 119.000 no mercado nacional, e algo máis de 117.000 no internacional.

Éstes e outros datos puxéronse este venres de manifesto no transcurso da asemblea anual de Acruga en Lugo, que contou con ducias de gandeiros de toda a provincia, e que despois participaron na tradicional comida e na homenaxe áos gandeiros e gandeiras xubilados ao longo do último ano. A esta cita acudiron uns 180 gandeiros e gandeiras de toda a provincia, así como de autoridades.

En concreto, destaca a exportación a mercados consolidados, como Brasil, que importou no último ano más de 100.000 doses; Polonia, con 10.200, México, Turquía e Portugal. Algúns destes países obteñen doses seminais para cruce industrial coas súas razas co obxectivo de mellorar a capacidade produtora das súas cabanas gandeiras, para o que a rubia galega demostra ser unha das razas máis cualificadas.

O pasado 2016 incorporáronse á exportación de doses seminais novos países, como Australia, Indonesia, Italia e Nicaragua. Trátase dunha primeira introdución con venta de seme que en total acada as case 5.000 doses, “unha cantidade que non é demasiado significativa pero que é importante porque senta as bases para futuros negocios e segue adiante coa expansión internacional da raza rubia galega”, destacan dende Acruga.

Maior demanda da carne selecta

Outra das vías para mellorar a promoción da raza Rubia Galega é a obtención de carne de excelente calidade a través do traballo en común con Ternera Gallega. O convenio de colaboración firmado hai anos entre ambas entidades permitiu traballar na evolución de animais sacrificados baixo a denominación o marca Ternera Gallega Suprema-Carne de Rubia Gallega, que designa aos canais de maior calidade.

Neste sentido, dende Acruga salientaron que “a demanda desta carne no sector da restauración non fixo máis que aumentar”; unha tendencia ascendente que en 2016 chegou aos 3.785 animais sacrificados, fronte ós 2.989 do 2015. “Esta tendencia seguirá aumentando en este ano 2017, no que só no primeiro trimestre do ano, acadou as 1.006 reses sacrificadas baixo esta marca selecta”, subliñan dende a asociación.

ACRUGA_TERNERA_GALLEGA

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información