Este venres, 28 de setembro, comezan as Xornadas de Carne de Boi de Allariz que se prolongarán ata o 14 de outubro, constituíndo unha cita ineludible para todas as persoas que queiran degustar unha carne única e de calidade excelente.
E é que a materia prima provén de bois de razas autóctonas galegas (Rubia Galega, Caldelá ou Limiá) criados por gandeiros da zona en base a pastos e forraxes, nun proceso que se alonga varios anos.
As Xornadas de Carne de Boi de Allariz están organizadas pola Área de Promoción Económica do concello xunto con hostaleiros de Allariz. A ampla oferta grastronómica inclúe tapas, que competirán no concurso, e menús con carne de boi de Allariz que serán os protagonistas na hostalería alaricana ata o 14 de outubro.
Toda a información para consultar prezos e menús, así como facer reservas en www.allariz.gal/carnedeboi