A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Canto custa manter o tamaño da miña gandaría?

O seminario online de “Especialistas en novillas” analizou da man de Fernando Soberón canto costa ao gandeiro manter o tamaño dunha gandaría

Canto custa manter o tamaño da miña gandaría?

A canto ascende o custo de reposición nunha gandaría? Como repercute a taxa de mortalidade de vacas adultas nas contas da granxa? Cal sería a porcentaxe de remplazo idóneo? Estas e outras cuestións que preocupan a todo gandeiro foron respondidas por Fernando Soberón durante o “Seminario online Especialistas en novillas”, unha iniciativa de Zoetis mediante a que segue achegando coñecemento aos profesionais do sector de vacún de leite para mellorar a rendibilidade das súas gandarías.

Fernando Soberón, xerente técnico de Standard Dairy Consultants, explicou a realidade das gandarías de Estados Unidos, un país no que, do mesmo xeito que en Europa, o custo de reposición é o segundo capítulo de gasto dunha gandaría de vacún de leite, por detrás da alimentación.

“O custo media de descartar unha vaca e remplazarla por outra varía desde os 600 aos 2500 dólares e representa entre o 9,5 e o 22 % do custo de produción por quilo de leite”, asegurou o experto.

Neste sentido, para Fernando Soberón o obxectivo de todo gandeiro “debería ser ter un establo cheo de vacas aburridas, que presentan poucos problemas e teñen producións consistentes, chegando ás 5 ou 6 lactacións”.

Para iso as recomendacións do experto son:

-É importante analizar no rabaño cales son as mellores vacas para seleccionar as mellores xovencas, que son aquelas das que se vai recriar.

-Ter en conta que cando unha vaca envíase a descarte é un gasto e non un ingreso, pois é necesario repola para manter o tamaño do rabaño. Os ingresos por venda dunha vaca de descarte en Estados Unidos sitúanse entre os 500 e os 1000 dólares, pero o prezo dunha xovenca preñada oscila entre os 2000 e os 2500 euros.

-Para enviar vacas a descarte esperar a que o animal presente a mellor condición corporal, normalmente en período de secado, e non esperar ata que manifeste os problemas polos que se descarta (coxeiras, etc.).

-Unha elevada porcentaxe de reposición compromete a viabilidade económica dunha gandaría. “No meu caso, os mellores establos que vin teñen un 28 % de reposición e os peores chegaron ao 42 %. A media á que deberiamos aspirar é a entre un 28 e un 30 %, tentando non superar o 35 %”, destaca o experto.

Como exemplo, destacou que a diferenza entre unha porcentaxe de reposición do 32 e do 38 % nunha granxa de 100 vacas pode roldar os 13.000 dólares ao ano.

-Avaliar e reducir a taxa de descarte resulta clave, especialmente reducindo a taxa de mortaldade, que debería ser menos do 10 %. Criar só as tenreiras e xovencas que necesitemos e as mellores.

-Reducir o custo da recría: reducindo a mortaldade, adiantando a idade ao primeiro parto e reducindo tratamentos.

-Aumentar a produción de leite por vaca: Parcialmente consecuencia de ter menos vacas de remplazo. Máis gando maduro, con 3 ou 4 lactacións, vai representar maior produción de leite por vaca e maior rendibilidade.

Para máis información e inscricións, consultar a seguinte páxina web: http://seminariosonlineespecialistasennovillas.com/ e os perfís en Twitter (@enNovillasEsp) e Facebook (@Especialistasennovillas) de Especialistas en novillas.

Accede máis contidos en blog.especialistasennovillas.es

#CuentaConZoetis #ConVosotrosMásQueNunca #GRACIAS

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *