Cancélanse polo coronavirus a poxa de gando de Curtis e as feiras do queixo de Moeche e Friol

A necesidade de tomar medidas para evitar a propagación do coronavirus levou ao Concello de Curtis a decretar a suspensión da Poxa de Élite de Gando Frisón que tiña previsto celebrarse este domingo.

“A mellor opción é celebrala pasada esta epidemia e informaremos da nova data así como de todos os cambios que poda haber no programa”, informan dende Embriomarket, empresa organizadora.

Tamén o concello de Curstis decidiu aprazar as Xornadas do Rural Galego e o Mercado de Primavera como medida de precaución fronte ao coronavirus.

Cancelación das feiras do queixo de Moeche e de Friol

Tamén se suspende ata nova data a Feira do Queixo de Moeche que se ía celebrar esta fin de semana. O concello adoptou esta medida despois de contactar coa Consellería de Sanidade, que onte avanzou novas medidas de prevención, como a suspensión dos eventos púbñicos en recintos pechados nos que podan congregarse máis de 1000 persoas.

«Non pretendemos crear unha alarma innecesaria, senón que responde á responsabilidade institucional que debe prevalecer nunha situación coma esta, na que todas as administracións debemos funcionar de forma coordinada», explica a alcaldesa, Beatriz Bascoy.

Outras das citas tradicionais para os amantes do queixo galego, a Feira do Queixo e do Pan de Ousá, en Friol (Lugo), que tiña previsto celebrarse o domingo 22 de marzo tamén se suspende debido ao coronavirus.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información