Campaña de control dos augardentes de ‘garrafón’

Publicidade
Campaña de control dos augardentes de ‘garrafón’

Augardentes e licores galegos legais. / Arquivo.

O Consello Regulador dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia mantivo unha reunión coa Consellería de Sanidade para abordar a colaboración de ambos organismos no control da comercialización de destilados ilegais. Entre outras cuestións, desde o Consello Regulador ofrecéuselle formación específica ós inspectores de Sanidade encargados das visitas a locais de restauración e mercados

O presidente do Consello Regulador, José Antonio Feijoo, trasladoulle a Sanidade a situación na que se atopa o sector de bebidas espirituosas, “moi afectado pola comercialización dos mal chamados augardentes e licores caseiros”, indicou o presidente do Consello. Feijoo alabou tamén a campaña emprendida pola Consellería para controlar a presenza de augardentes de ‘garrafón’ en locais de hostelería.

A normativa prohíbe expresamente a venda de licores non etiquetados. En concreto, o Real Decreto 167/2014 di o seguinte: “(…) queda(ndo) expresamente prohibido el trasvase o rellenado en los establecimientos de venta, mayoristas, detallistas, cafeterías, bares, tabernas, restaurantes u otros establecimientos de consumo colectivo. En los establecimientos de distribución, las etiquetas y precintos permanecerán adheridos a los envases y se dispondrá de los documentos legales que justifiquen las existencias de aquellos productos”.

Para o Consello Regulador, os licores de ‘garrafón’ representan un risco sanitario, ademais dun “descrédito para Galicia e os produtos aquí elaborados”, polo que animaron a Sanidade a continuar as campañas de control e ofrecéronlle colaboración en tódalas cuestións que sexan precisas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información