Cal é a dieta típica das explotacións lácteas galegas?

As granxas de Galicia presentan de media un maior consumo de millo e un menor uso de herba verde e de concentrados que as do resto da Cornisa Cantábrica, segundo conclúe un estudo coelaborado por Mabegondo

Un estudo elaborado polo Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, conxuntamente con outras entidades da Cornisa Cantábrica, analizou as dietas máis habituais nas granxas da zona norte. A dieta media das vacas en lactación, en porcentaxes de materia seca, situouse nun consumo dun 15,4% de herba fresca, un 26,7% de ensilado de herba, un 13,5 % de ensilado de millo, un 12,1% de forraxes secos e un 32,3% en concentrados, se ben con importantes variacións en función do tamaño da granxa e da comunidade.

Galicia, en comparación coas comunidades veciñas, destaca por un maior consumo de millo e un menor consumo de herba fresca. Se en Asturias e Cantabria, a herba fresca representa máis do 20% dos ingredientes da dieta (suministrada tanto en pastoreo como en estabulación), Galicia quédase no 13,1%. A situación contraria rexístrase co millo. As granxas galegas consumen unha media de 15,6% de silo de millo fronte ó 8,3% de Asturias.

Composición media anual da ración das vacas en lactación. / [Definicións: Explotacións en estrato 1 (menos de 25 toneladas), estrato 2 (25-75), estrato 3 (75-175), estrato 4 (175-325), estrato 5 (325-500), estrato 6 (+ 500 toneladas ano). ]

Composición media anual da ración das vacas en lactación. / [Definicións: Explotacións en estrato 1 (menos de 25 toneladas), estrato 2 (25-75), estrato 3 (75-175), estrato 4 (175-325), estrato 5 (325-500), estrato 6 (+ 500 toneladas ano). ]

A comunidade galega destaca tamén por un menor uso de concentrado, que representa o 31,4% da materia seca da dieta, unha cifra moi similar á de Asturias (31,6%) e moi inferior a Cantabria (39,6%) ou a Navarra (38,9%). De xeito paralelo, Galicia é a comunidade que presenta unha maior taxa de autoabastecemento de forraxe na explotación, co 96%. Só un 28% das granxas galegas declaran mercar forraxe, fronte o 76-88% no que oscilan o resto de comunidades da Cornisa.

Por tamaño da granxa, hai unha correlación clara entre maior produción e maior consumo de millo e de concentrados. Á inversa, as granxas máis grandes consumen menores cantidades de herba fresca e de forraxes secos. Así, as explotacións de máis de 500.000 quilos de produción anual centran a súa dieta no millo (30% do total de materia seca) e nos concentrados (42%), en tanto a herba fresca e os forraxes secos representan o 10% (2,5% herba verde e 7,4% forraxes secos) e o ensilado de herba o 18% restante.

Figura 2 final

Cinco dietas típicas
En base á forraxe consumida maioritariamente por cada granxa, os investigadores identificaron cinco dietas típicas na zona norte:

– Dieta baseada no ensilado de herba (G1), cun 43% de ensilado de herba e 33% de concentrados de media.

– Dieta baseda no ensilado de millo (G2), cun 34,2% de ensilado de millo e un 41,3% de concentrados.

– Dieta con importancia semellante de ensilados de herba e de millo (G3), cunha media de consumo dun 30% de ensilado de herba, un 25,1% de ensilado de millo e un 33,9% de concentrado.

– Dieta baseada na herba verde (G4), cun 43,3% de herba verde e un 25,1% de concentrados.

– Dieta baseada en forraxes secos (G5), cun 43,6% de forraxes secos e un 28% de concentrados.

As dietas baseadas no ensilado de millo ou conxuntamente no ensilado de millo e de herba son as máis importantes. Na zona norte de España, representan un 53% da superficie agraria útil e un 68% da produción de leite.

Produción de leite, superficie agraria e carga gandeira medias en cada tipo de dieta.

Produción de leite, superficie agraria e carga gandeira medias en cada tipo de dieta.

Contexto
O estudo sobre as explotacións lácteas do Norte de España elaborouse a partir de 461 enquisas, con máis de 100 preguntas, a granxas de diversos estratos de produción de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco e Navarra. O traballo, coordinado polo Instituto Nacional de Investigación Agraria (Inia), contou coa participación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información