Dentro dunhas semanas xa se empeza a preparar a sementeira do millo forraxeiro en Galicia, un cultivo de grande importancia para o mantemento da nosa cabana de gando vacún.
Proba da importancia deste cultivo é que Galicia concentra o 60% da superficie do Estado dedicada a este cultivo e o 55% da produción. Os datos do Ministerio de Agricultura son do ano 2012, os últimos disponibles, e a tendencia previsible é que se incrementaría a superficie nos úlitmos anos pola ampiación da base territorial das explotacións lácteas e a necesidade de reducir insumos.
Neste sentido, o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) ven de publicar a actualización correspondente ao ano 2015 do Valor Agronómico das Variedades Comerciais de Millo Forraxeiro en Galicia, un análise comparativo anual que realiza co obxectivo de avaliar o rendemento e calidade das variedades comerciais máis utilizadas no país.
Os ensaios fixéronse en catro comarcas: Sarria, Trasdeza, Ordes e A Mariña lucense.
Recomendacións para elixir unha variedade
Á hora de elixir unha variedade, dende o CIAM recomendan que o primeiro a ter en conta é o ciclo que resulte máis axeitado ao clima da zona. Se sabemos a data de sementeira e sumamos os días que aparecen na columna “Dias S-C”, teremos a data probable de recollida para unha zona fría do interior. Se é unha zona cálida, haberá que restarlle 15 días. Tamén é importante ter en conta a dispoñibilidade de maquinaria para esa data.
Dentro do ciclo elixido, dende a Xunta recomendan adquirir aquelas variedades que reúnan, ao mesmo tempo, as dúas condicións seguintes:
- Un elevado índice produtivo (IP): canto maior sexa o dato da columna IP mellor.
- Unha elevada calidade: canto maiores sexan os datos das columnas ESPIGA, DMO (Dixestibilidade da Materia Orgánica) e PB (Proteína Bruta), mellor.
Podes descargar o estudo completo nesta ligazón.
Para cando liberarnos a galiza dos transxenicos
No os transxenicos