A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

CaixaBank Rural Emprende premiará até con 5.000 euros as iniciativas de desenvolvemento rural

Co obxectivo de potenciar e mellorar o futuro do rural galego CaixaBank, xunto ao Festival de La Luz, presenta a primeira convocatoria do concurso CaixaBank Rural Emprende, co propósito de premiar a proxectos en marcha que implementen o medio rural no seu negocio.

Poderán participar emprendedores con iniciativas de desenvolvemento rural, presentadas por parte de persoas físicas ou xurídicas.

Os proxectos deben ser orixinais e cunha aplicación íntegra dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, así como contribuír a promocionar o medio rural e a xerar unha sociedade rural máis dinámica.

Categorías e premios:

– Semente Emprende: categoría para proxectos en funcionamento que se atopen en fase de desenvolvemento (de cero a tres anos) e que será dotado con 3.000 €.

– Semente CaixaBank: categoría para proxectos en funcionamento que non conten cunha traxectoria maior a 5 anos e que se dividirán en:

– Semente de ouro: dotado con 5.000 €.

-Semente de prata: dotado con 1.000 €.

Prazo e forma de inscrición:

Pecharase o 18 de Outubro de 2019. Para participar é preciso enviar un correo a caixabankruralemprende@festivaldelaluz.es

Máis información:

https://www.festivaldelaluz.es/gl/caixabank-rural-emprende-gal/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *