Buscan persoas para degustar novos alimentos, catar sabores e detallar os seus matices

A spin-off da USC Tastelab celebra o 31 de maio unha sesión na sala de catas de Veterinaria. A inscrición está aberta en info@tastelab.es e nos teléfonos 982 818 019 e 673 380 688

Buscan persoas para degustar novos alimentos, catar sabores e detallar os seus matices

A spin-off do Campus Terra da USC Tastelab, unha empresa especializada en tecnoloxía de análise sensorial que ofrece os seus servizos á industria alimentaria, pero tamén a todos aqueles axentes interesados en coñecer os gustos e preferencias dos consumidores a fin de integralos no desenvolvemento dos seus respectivos produtos, busca padais para cata novos sabores e contribuír a detallar os seus matices.

A nova acción promovida pola empresa que dirixe Maruxa García desenvolverase o vindeiro 31 de maio, a partir das 18.00 horas, na sala de catas da Facultade de Veterinaria de Lugo, e está orientada a persoas que lles gusta degustar novos produtos alimentarios, apreciar os seus sabores e dar a súa opinión respecto dos matices que aprecian os seus padais.

Esta xornada está aberta á participación de todas aquelas persoas que estean interesadas en probar novos produtos para logo ofrecer a súa opinión ao respecto. Trátase dunha primeira sesión que se encadra na fase inicial do proceso de análise sensorial que se prolongará durante unha duración de dúas horas e que permitirá aos responsables de Tastelab seleccionar ao número de candidatos e candidatas acaídos/as para, a despois, conformar un panel de catadores máis experimentados.

As persoas que estean interesadas en participar neste proceso poden formalizar xa a súa inscrición de balde a través do enderezo de correo electrónico info@tastelab.es ou tamén a través dos números de teléfono 982 818 019 e 673 380 688. Tamén se pode obter máis información respecto da actividade da empresa na web www.tastelab.es.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información