Bota a andar Rural Tour para poñer en valor o traballo das mulleres rurais

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, inaugurou este luns a feira de artesanía e produtos autóctonos de 44 mulleres, das que 25 son lucenses, que estará nas Termas ata este domingo para logo visitar outras cidades galegas

Bota a andar Rural Tour para poñer en valor o traballo das mulleres rurais

Inauguración do Rural Tour

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, xunto á alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, á presidenta de Fademur, Rosi Arcos, ao xerente do centro comercial As Termas, Esteban Patiño, e á presidenta de El Progreso, Blanca García, inaugurou este luns Rural Tour. Trátase da feira de artesanía e produtos autóctonos de mulleres galegas, que organiza a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais, que financia a Deputación de Lugo con 40.000 euros, e coa que colabora dito grupo de comunicación. Estará no Centro Comercial As Termas ata este domingo e logo percorrerá as principais cidades galegas. Mostra o traballo de 44 profesionais, das que 25 son lucenses.

A provincia de Lugo é a primeira parada do Rural Tour, que percorrerá as principais cidades de Galicia. Na feira pódense mercar licores, doces, embutidos ou hortalizas, ademais de atopar postos de cestería, xoiería, bixutería, feltro ou marroquinería. Dos 44 expositores, 25 son da provincia de Lugo, e o resto de participantes proveñen de diferentes puntos da comunidade autónoma.

O horario da feira é de luns a domingo de 10:00 horas a 22:00 horas, coincidindo co horario de apertura do resto de establecementos do Centro Comercial As Termas.

Participantes
– Carmen Fieiras (Concello de Lugo): Cestería
– Adega Avo Roxo (Concello de Meaño, Pontevedra): Viños das Rías baixas
– Antoxos (Concello de Leiro, Ourense): Xoiería e metacrilato
– Adega Rozas (Concello de Meaño, Pontevedra): Viños das Rías baixas
– Cecilia Carballo (Concello de Triacastela, Lugo): Tear
– Adega Diego de Lemos (Concello de Chantada, Lugo): Viños ecolóxicos
– Idoia Cuesta (Concello de Outeiro de Rei, Lugo): Cestería
– Licores Os Maios licores (Concello de Leiro, Ourense): Licores
– Lucecús (Concello de Guitiriz, Lugo): Feltros
– Ginabelle (Concello de Tomiño, Pontevedra): Xenebras
– Lacrimae Mosa (Concello de Oroso, A Coruña): Xoiería e metacrilato
– Toupiña (Concello de Lalín, Pontevedra): Cervexas
– Traxandaina (Concello de Lugo): Traxes tradicionais
– Domenicus (Concello de Lugo): Cervexas
– Tres caracoles (Concello de Lugo): Marroquinería e metacrilato
– Peroja sidra de agar (Concello de A Estrada, Pontevedra): Sidras
– Imavi (Concello de Vilalba, Lugo): Bixutería en arxila polimérica e metacrilato
– Aceites Figueiredo (Concello de Ribas do Sil, Lugo): Aceites
– Yan-llan (Concello de Viveiro, Lugo): Bixutería con cunchas e metacrilato
– Lacteos Conchy (Concello de Friol, Lugo): Queixos e leite
– La Aguada (A Coruña): Esmaltes e metacrilato
– Muuhulloa (Concello da Ulloa, Lugo): Cosméticos de leite
– Maravalla (Concello de Ribadeo, Lugo): Bixutería de fimo e metacrilato
– Dona cobiña (Concello de Agolada, Pontevedra): Queixos
– O mestizo (Concello de Lugo): Marroquinería e metacrilato
– Caurelor (Concello de Quiroga, Lugo): Marmeladas, zumes, siropes e licores
– Beatriz Soneira (Saniago de Compostela, A Coruña): Encaixes de camariñas
– Ananos organic berries (Concello de Cotobade, Pontevedra): Marmeladas e zumes
– Mamá Teresa, doces artesáns (Concello de Arzuá, A Coruña): Chocolates
– Sesé Vila (Concello de Monforte de Lemos, Lugo): Cerámica e encaixes
– Susana Ouro (Concello de Lugo): Produtos da horta
– Embutidos Suarna (Concello de Navia de Suarna, Lugo): Embutidos
– Cárnicas Raposo (Concello de Dumbría, A Coruña): Embutidos
– Porco celta do Barbanza (A Barbanza, A Coruña): Embutidos
– Monte O Carballo (Concello de Friol, Lugo): Embutidos
– Casa Gallego (Concello de Lugo): Publicidade sobre a casa rural
– Panadería O Agro (Concello do Páramo, Lugo): Pan
– Panadería Nullán (Concello de As Nogais, Lugo): Pan
– Concepción Jorge González (Concello de Chantada, Lugo): Mel
– Milhulloa (Concello de Palas de Rei, Lugo): infusións e especias
– Cañitas de la abuela (Concello de Tomiño, Pontevedra): Doces
– A Pequeniña (Concello de Arzúa, A Coruña): Doces

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información